"Sind" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 167.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aberración cromosómica numérica que consiste na trisomía autosómica do cromosoma 13. Presenta uns 30 signos, como o atraso mental, malformacións auriculares, microcefalia, microoftalmia, polidactilia, unllas hiperconvexas e anomalías viscerais, dos xenitais e dos dermatoglifos. Presenta unha incidencia de 1/10.000 neonatos vivos. Denomínase tamén trisomía 13 e trisomía D.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome caracterizada por un desenvolvemento precoz dos xenitais externos, con crecemento anormal dos ósos longos e signos de hidrocefalia interna, a causa dunha lesión da epífise.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polipose intestinal con manchas melánicas de distribución labial, facial e dixital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro clínico caracterizado por acrocianose, somnolencia, bradipnea e poliglobulia, debido a unha hipoventilación pulmonar, causada por unha obesidade esaxerada.
-
GALICIA
Frade mercedario e escritor. Cofundador de Logos e colaborador de diversas publicacións, como Nós e Misión, e do Seminario de Estudos Galegos, relacionouse co círculo intelectual do galeguismo. Na súa obra tense ocupado de temas relacionados con Galicia e de autores como Airas Nunes, Pero d’Armea, Tirso de Molina e Rosalía de Castro. Publicou a recompilación da poesía de Francisco María de la Iglesia D’o mar e d’a terra (1930) e o estudo A espiritualidade do Cancioneiro da Vaticana (1936), así como o libro de poesías Algas (1959). É tamén autor do estudo biobibliográfico Fray Serafín de Freitas (1956), da biografía Fray Bartolomé de Olmedo, capellán de los conquistadores de Méjico (1961), da extensa Bibliografía mercedaria (1963 e 1968), da colección de artigos sobre Pontedeume Crónicas de mi rincón natal (1977) e do estudo Trahamunda, a santa de Poio (1990), en colaboración con Xosé S. Crespo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome que se manifesta con inflamación e atrofia da mucosa da hipofarinxe e coa formación dunhas membranas facilmente rompibles na parte alta do esófago. É causa de disfaxia en mulleres con anemia ferropénica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao polisíndeto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura ou recurso estilístico, oposto ao asíndeto, que consiste en repetir frecuentemente unha conxunción para lle dar máis forza ou enerxía á expresión. Por exemplo, E pinchaba, e brincaba, e corría, e bailaba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma non pneumótica de lexionelose que se manifesta como un síndrome febril agudo que desaparece por si só aos 2-5 días. OBS: Tamén se denomina febre de Pontiac.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro caracterizado por obesidade, talle baixo, criptorquidia, diabete e unha forte diminución das capacidades intelectuais, propio dun individuo que ao nacer presentou unha atonía muscular grave.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herpes zóster localizado na orella que pode ir acompañado dunha parálise no rostro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome caracterizado por artrite, acompañada de uretrite e conxuntivite ou de lesións mucocutáneas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Encefalopatía aguda, con infiltración graxa do fígado e doutros órganos. A súa causa é descoñecida, aínda que adoita presentarse tras un cadro vírico agudo.
-
PERSOEIRO
Sindicalista. Coñecido como Santiaguiño, constituíu o Sindicato General de Trabajadores de Tui (SGT) e integrouno na CNT. Coa ilegalización do SGT durante a Ditadura de Primo de Rivera estivo desterrado en Lugo. Durante a Segunda República Española destacou na Confederación Regional Galaica (CRG) como enlace co agrarismo e defensor do traballo sindical cos pequenos propietarios rurais. Colaborador do semanario Tribuna, foi membro da xestora municipal do Frente Popular, aínda que non chegou a tomar posesión. Morreu asasinado no comezo da Guerra Civil Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro que consiste na ictericia crónica, de carácter familiar, ocasionado por un trastorno de excreción de bilirrubina conxugada polos hepatocitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rosendo.
-
PERSOEIRO
Erudito e militar. Foi cofundador, en Ceuta, do xornal La Opinión, actual Faro de Ceuta. Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) foi suboficial. Colaborou na revista Unión Mercantil de Málaga, e nos folletos de festas do Baixo Miño, e foi correspondente de Faro de Vigo na Vila da Guarda. Estudoso e guía turístico do Conxunto Histórico do Monte de Santa Trega, publicou Cumbres del Monte de Santa Tecla-Rutas turísticas. Recibiu a Cruz Roja del Mérito Militar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Especialista en anatomía, dedicouse á pediatría e exerceu un amplo labor docente ademais de patentar diversos inventos, como un biberón ou un xabón especial. Publicou Apuntes de terapéutica (1912), Investigaciones sobre los ligamentos interóseo y de Weitbrecht del antebrazo en el hombre y en los animales (1916) ou Historia de la medicina (1945). Recibiu a cruz da Orden Civil de Afonso XII (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Insuficiencia tiroidal e suprarrenal por tiroidite linfocitaria crónica e enfermidade de Addison non tuberculosa, que se supón debida a unha endocrinopatía de base inmunolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome producido por un exceso de produción de hormona antidiurética, e asociada xeralmente ao carcinoma bronquial de células pequenas.