polisíndeto

polisíndeto

(< lat polysindĕton

s m [LING]

Figura ou recurso estilístico, oposto ao asíndeto, que consiste en repetir frecuentemente unha conxunción para lle dar máis forza ou enerxía á expresión. Por exemplo, E pinchaba, e brincaba, e corría, e bailaba.