"TAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 143.

  • Plataforma creada en 1976 e controlada pola Federación Gallega do PSOE, en que se integraron as forzas da esquerda non nacionalistas de Galicia. Versión galega da Plataforma Nacional de Convergencia Democrática, aceptou a reforma política negociada cos sectores aperturistas que procedían do Franquismo e a recuperación do Estatuto de Autonomía plebiscitado en 1936. Formou parte de Coordinación Democrática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma constituída en outubro de 1976 pola maioría das forzas de oposición de España, para participar no proceso de reforma política. Elixiron a Valentín Paz Andrade para que formase parte da comisión negociadora, entre decembro de 1976 e abril de 1977. Abordou temas como a legalización de todos os partidos políticos, a lei de amnistía ou a preparación das eleccións xerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación sen ánimo de lucro, con sede en Vilagarcía de Arousa, que naceu en 1994 para loitar contra o narcotráfico e denunciar socialmente a súa problemática. En 1999 creou o Comité de Axuda ao Drogodependente e en 2002 transformouse en Fundación Galega contra o Narcotráfico. As súas liñas de actuación baséanse na prestación de asesoramento e información, no desenvolvemento de campañas de prevención e sensibilización, na realización de foros de debate e xornadas formativas, e na elaboración e divulgación dun cómic para os nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en xullo de 1975, integrada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE), varios partidos socialdemócratas e democristiáns, e algunhas organizacións de extrema esquerda, como a Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) e o Movimiento Comunista de España (MCE). Mantivo un diálogo co goberno e tivo grandes dificultades para coordinar criterios e actividades, ata que se uniu en 1976 coa Junta Democrática de España, promovida polo Partido Comunista de España (PCE), e formou a Coordinacion Democrática en marzo de 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo que nalgunhas máquinas serve para manter fixa a ferramenta que ten que traballar a peza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carpeta ou carteira, aproximadamente do tamaño dun folio, que serve para levar ou conter documentos ou papeis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Caraño en Barcia de Mera (Covelo). Datada no s XVIII, realizouse en pedra e ten un só van, un arco de medio punto lixeiramente alombado. Está situada no antigo camiño de Ponte Caldelas a Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diferenza entre a anomalía media dun astro con respecto á anomalía verdadeira do mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista otomán. Foi ministro de Asuntos Exteriores en tres ocasións, embaixador en París e seis veces gran visir. Foi un partidario decidido da política antirrusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao rastafarianismo.

    2. Seguidor do rastafarianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento relixioso nacido en Xamaica a comezos da década de 1930. Baseado nas profecías da Biblia, nas aspiracións da comunidade negra e nas ensinanzas de Marcus M. Garvey, ten unha orientación política fundamentada na non aceptación dos valores impostos pola ideoloxía dominante. Tomou o seu nome de Ras Tafari Makonne (nome do emperador etíope Haile Selassie), protector da civilización africana. Consideran que a raza negra é descendente dos antigos israelitas. Basean todos os seus actos en pasaxes bíblicas e celebran dúas cerimonias: un razonamento, onde se reunen, fuman herba e discuten cuestións relixiosas e sociais, e un binghi ou festa onde se danza, canta e fuma durante varios días. Dos seus símbolos destacan as trenzas rastas e o fumar ganja (cannabis) ou herba sagrada. Durante a década de 1960 acadou gran popularidade, tanto en Xamaica coma no exterior, debido a relación entre a música reggae e a relixión. A música sagrada dos rastafari denomínase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Licor dunha gradación alcohólica de 26-29° e un contido de azucres entre 200-300 g/l, que ten como base a maceración de noces verdes, durante un tempo mínimo de dous meses, e que despois envellece en barrís de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Gales, Reino Unido, situado ao NO de Cardiff (424 km2; 231.946 h [2001]). A súa economía baséase na extracción de hulla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Equipo de especialistas ao servizo da dirección dunha empresa coa finalidade de achegarlle información e asesoramento técnico á hora de tomar decisións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo polaco. Destacan as escolmas poéticas Dzien duszy (O día da alma, 1903), Ptakom niebieskim (Aos paxaros do ceo, 1905), Teçzalez i krwi (O arco iris de lágrimas e sangue, 1918) e Wiklina (O vimbio, 1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Staffordshire, Inglaterra, Reino Unido (120.670 h [2001]). Destaca principalmente a fabricación de calzado e de maquinaria para a industria pesada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra (2.623 km2 ; 806.744 h [2001]). A súa capital é Stafford.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tren rápido constituído por tres unidades articuladas, das que son motrices as dúas dos extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e sacerdote, fillo de Mariano Pablo Tafall i Miguel e irmán de Santiago Tafall. Licenciado en Teoloxía pola Universidad de Santiago de Compostela, foi organista nas catedrais de Mondoñedo (1856-1860) e Santiago (1860-?). En 1882 foi nomeado profesor de piano e de elementos de harmonía na Escuela de Música da Real Sociedad Económica.

    VER O DETALLE DO TERMO