"Trat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 223.

  • Tratado de paz asinado o 10 de maio de 1871 entre Francia e Alemaña que puxo fin á Guerra Franco-prusiana (1870-1871). Francia perdeu Alsacia e unha gran parte de Lorena e ademais comprometeuse a pagar unha indemnización de guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza celebrada na cidade francesa de Gravelines en xullo de 1520 entre Carlos I e Enrique VIII de Inglaterra. Nela establecéronse os termos para a cooperación marítima no Mar Cantábrico e para o casamento de Carlos I con María I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 2 de febreiro de 1848 que puxo fin á guerra entre EE UU e México. Trala invasión estadounidense de México, o goberno mexicano pactou a cesión de Texas, Nuevo México, a Alta California e parte do territorio de Tamaulipas a cambio dunha indemnización de 15 millóns de dólares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 15 de febreiro de 1763 que xunto co de París puxo fin á Guerra dos Sete Anos, e polo que María Tareixa I de Austria cedeu definitivamente Silesia a Prusia a cambio do Condado de Glatz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ilustra ou serve para ilustrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para impetrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade dos cítricos de orixe vírica que se manifesta pola formación de bochas de goma baixo a cutícula do froito pero sen afectar a polpa; as bochas son visibles durante o cambio de cor, e no froito maduro queda una mancha escura afundida e dura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intercalamento de niveis de natureza diferente nunha serie sedimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao material que se depositou entre dous ou máis estratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non se pode tratar de ningunha maneira.

    2. Que é de trato moi difícil, debido ao seu mal carácter ou a un estado de ánimo irritado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está situado no interior da canle medular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á rocha ou ao mineral formado en zonas profundas da Terra.

    2. Aplícase á fase ascendente dun magma, anterior á súa efusión en forma de lava.

    3. Aplícase ao fenocristal formado na fase intratelúrica dun magma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode retratar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado en 1699 na cidade de Karlowitz, polo que Turquía, vencida pola Santa Alianza (1684, Austria, Polonia, Venecia, e desde 1686, Rusia), aceptaba a paz e cedía Transilvania e Hungría a Austria, Azov a Rusia, Ucraína occidental e Podolia a Polonia, e Morea e Dalmacia a Venecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 24 de xullo de 1923 en Lausanne polas potencias occidentais, Grecia e Turquía despois das vitorias turcas sobre os gregos. Aboliu o Tratado de Sèvres (1920) e obrigou a Grecia a ceder aos turcos Esmirna, Tracia oriental e Anatolia e recoñeceulle o control de navegación polos estreitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado, firmado o 7 de febreiro de 1992, polo que se ratificaban os acordos da reunión do Consello Europeo celebrada na cidade de Maastricht en decembro de 1991. Modificou ou complementou acordos anteriores como o de París e Roma ou a Acta Única Europea, para dar paso á constitución da Unión Europea. Supuxo un avance en política exterior, defensa común, nas competencias do Parlamento Europeo e a Comisión, nas forzas de cohesión, na cooperación xudicial, no dereito de voto e de candidatura nas eleccións xudiciais e europeas e na unión económica e monetaria. O tratado implicou, coa súa entrada en vigor (1993), a reforma das constitucións nos diferentes estados. As dificultades para o cumprimento dos acordos subscritos, e a incapacidade para a formulación dunha actuación comunitaria en política exterior e seguridade, levaron á celebración da Conferencia Intergobernamental de Reforma (marzo 1996). En 1997, o Consello Europeo elaborou o Tratado de Amsterdam, unha revisión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto imposto ao Rei Francisco I de Francia polo Emperador Carlos V, que o mantiña prisioneiro en Madrid. O rei francés debía renunciar ao Ducado de Borgoña, ás súas pretensións sobre Italia e á señoría de Flandres, Artois e Tournai, e comprometerse a casar con Leonor de Austria. O rei francés asinou o 14 de xaneiro de 1526, mais empezou a guerra contra Carlos V, coa formación da Liga de Cognac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica estratigráfica que estudia o magnetismo restante das rochas sedimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica estratigráfica que estudia o magnetismo restante das rochas sedimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO