Maastricht, Tratado de ou Tratado da Unión Europea

Maastricht, Tratado de ou Tratado da Unión Europea

Tratado, firmado o 7 de febreiro de 1992, polo que se ratificaban os acordos da reunión do Consello Europeo celebrada na cidade de Maastricht en decembro de 1991. Modificou ou complementou acordos anteriores como o de París e Roma ou a Acta Única Europea, para dar paso á constitución da Unión Europea. Supuxo un avance en política exterior, defensa común, nas competencias do Parlamento Europeo e a Comisión, nas forzas de cohesión, na cooperación xudicial, no dereito de voto e de candidatura nas eleccións xudiciais e europeas e na unión económica e monetaria. O tratado implicou, coa súa entrada en vigor (1993), a reforma das constitucións nos diferentes estados. As dificultades para o cumprimento dos acordos subscritos, e a incapacidade para a formulación dunha actuación comunitaria en política exterior e seguridade, levaron á celebración da Conferencia Intergobernamental de Reforma (marzo 1996). En 1997, o Consello Europeo elaborou o Tratado de Amsterdam, unha revisión do de Maastricht, que abriu unha vía de ampliación da Unión Europea aos países do Leste, e que foi complementado co Tratado de Niza.

Palabras veciñas

Ma wīt, Al- | Maalouf, Amin | Maastricht | Maastricht, Tratado de ou Tratado da Unión Europea | Maastrichtiano | maastrichtiano -na | Maazel, Lorin