"UIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 213.
-
PERSOEIRO
Debuxante. Licenciado en Belas Artes, na década de 1990 foi o responsable en Lugo do fanzine experimental Kedeké. Colaborou en O Fanzine das Xornadas, Ovo e Semana de Banda Deseñada. En 2001 coordinou a exposición colectiva Microclimas. Dirixe a librería especializada Tótem de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Terra Chá, situado na provincia de Lugo no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Monfero (O Eume) e Xermade (Terrá Chá), ao S co de Friol (Lugo), ao L cos de Vilalba e Begonte (ambos os dous en Terrá Chá), e ao O cos de Sobrado (Terra de Melide), Curtis e Aranga (Betanzos). Abrangue unha superficie de 259 km 2 , cunha poboación de 5.974 h (2007), distribuída nas parroquias de Becín, O Buriz, Labrada, Lagostelle, Mariz, As Negradas, Parga, Pedrafita, Pígara, Roca, San Breixo de Parga, San Salvador de Parga, Santa Cruz de Parga, Santa Locaia de Parga, Santa Mariña de Lagostelle, Trasparga, Vilar e Os Vilares. A capital municipal é a vila de Guitiriz, situada na parroquia de Lagostelle, a 43° 10’ de latitude N e 7° 53’ de lonxitude O, 74 km ao NL de Santiago de Compostela e 39 km ao NO de Lugo. Está adscrito ao partido xudicial de Vilalba. As súas parroquias pertencen á diocese de Mondoñedo-Ferrol, agás as das Negradas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘pan’.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo, actor e director teatral e cinematográfico ruso. Dirixiu e interpretou filmes baseados en obras súas, Faisons un rêve (1936), e doutros, La Malibran (1948) e Napoleón (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e escritor francés. Profesor nas universidades de Montpellier (1937-1946), Dijon (1948-1954) e París (1955-1968), foi o único laico que asistiu ás primeiras sesións do Concilio Vaticano II. Foi o mediador designado pola Santa Sé no conflito co bispo disidente, monseñor M. Lefebvre (1977). Partidario dun cristianismo conciliador, escribiu La pensée moderne et le catholicisme (1930-1955), L’éternité chez Plotin et saint Augustin (1933) e Profils paralleles: Pascal-Leibniz, Renan-Newman (1970). Foi membro da Académie Française (1961) e da Académie des Sciences Morales et Politiques (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Baixo o pseudónimo de Guittone d’Arezzo escribiu poemas amorosos, políticos e de contido moral. Foi un dos autores que introduciron a escola poética siciliana en Toscana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Borato de berilio, de fórmula Be2 (OH)(BO3). Cristaliza no sistema rómbico e preséntase en cristais prismáticos, é incoloro, gris, branco ou amarelo. Ten dureza 7,5 e o seu peso específico é 2,36.
-
-
Relativo ou pertencente aos hifoquitridiomicetos.
-
Fungo da clase dos hifoquitridiomicetos.
-
Clase de mastigomicotos semellantes aos quitridiomicetos, pero coas zoosporas provistas dun flaxelo anterior e con bárbula.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
hiperhipofisismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado consecutivo a un déficit hormonal da hipófise anterior ou adenohipófise. No neno, o hipopituitarismo determina o denominado ananismo hipofisario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus da guerra na mitoloxía azteca. O seu culto comportaba sacrificos humanos, sobre todo de prisioneiros de guerra. Divindade solar, o seu símbolo era o colibrí.
-
-
Relativo ou pertencente á intuición ou que se fundamenta nela.
-
-
Que ten intuición.
-
Propio da persoa intuitiva.
-
-
-
-
Denominación que se dan a si mesmos os esquimós.
-
Lingua da familia esquimó do phylum esquimó-aleutiano. Fálase en Groenlandia, no N de Canadá e en EE UU (N de Alasca). Os estudiosos non teñen claro se se trata de linguas diferentes ou de dialectos da mesma lingua, pero parece que tales variantes non son intercomprensibles e poderían considerarse linguas diferentes, como é o caso do groenlandés.
-
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Loreto, Perú (334.013 h [estim 1998]). Situada na confluencia dos ríos Nanay e Marañón, é o principal centro urbano da Amazônia peruana. A súa economía baséase na explotación madeireira e petrolífera, así como no turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Bos Aires 1961) Pintor. As súas obras representan un universo persoal formado por planos de departamentos, cidades e salas de espectáculos, e obxectos concretos perfectamente identificables. Foi tamén autor e director teatral. Entre outras series destacan Nadie olvida nada (1982), Puro teatro (1995-1997) e La tetralogía de Wagner (2001).
-
GALICIA
Escritor. Foi cronista do concello de Mondoñedo. Publicou Mondoñedo: El Convento de Alcántara (1910), Del obispado de Mondoñedo (1915) e, postumamente, Etnografía mindoniense (2000), recompilación de artigos publicados en El Compostelano. Foi correspondente da Real Academia Galega. Recibiu a encomenda da Orden de Alfonso X el Sabio (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duquesa de Aquitania, de Gascoña e de Poitiers (1137-1169, 1199-1204), raíña de Francia (1137-1152) e raíña de Inglaterra, filla de Guillerme X de Aquitania. Herdou o Ducado de Aquitania en 1137, ano en que casou con Luís VII de Francia. O Concilio de Beaugency anulou o matrimonio en 1152 e ese mesmo ano casou con Enrique Plantagenet, futuro Enrique II de Inglaterra. Aliouse cos seus fillos na conspiración contra o pai, e uniu á causa ao seu primeiro home, feito que desencadeou o seu confinamento en prisión durante 15 anos. Ante as aspiracións dos fillos polo trono, defendeu en primeiro lugar a Ricardo I de Inglaterra Corazón de León fronte a Xoán I de Inglaterra Sen Terra, pero morto o primeiro, defendeu a Xoán fronte a Filipe Augusto de Francia. Posuía un alto nivel cultural e promoveu a poesía trobadoresca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato básico de cobre, de fórmula Cu2(OH)2(CO3). Cristaliza no sistema monocíclico. É de hábito prismático ou acicular, aínda que tamén se presenta en masas nodulares. De cor verde viva, ten unha dureza 3,5-4 e unha densidade aproximada de 4.
-
-
Peza de roupa en forma de media manga, que se pon sobre as mangas da vestimenta habitual, para protexerse da sucidade ou do frío.
-
Mangueira curta de diversos materiais que se emprega para unir dous tubos ou canalizacións.
-
Anaco circular de pel e tecido subcutáneo que o cirurxián deseca, tras amputar un membro, para recubrir a ferida.
-
-
LAGOS
Lago salgado da rexión central de Arxentina, situado ao N da provincia de Córdoba (1.850 km2).
VER O DETALLE DO TERMO