"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

  • Pertencente ou relativo ás aurículas do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Larva de vida libre dos holoturoideos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da orde das auriculariais de cogomelos semicirculares, brandos e xelatinosos que aparecen sobre a madeira. En Galicia están presentes na área mediterránea A. auricula-judae e A. mesenterica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fungo da orde das auriculariais.

    2. Orde de fungos da clase dos fragmobasidiomicetos de cogomelos con basidios septados transversalmente ao que pertence o xénero Auricularia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘orella’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á rexión delimitada pola orella e o óso temporal.

    2. Síndrome que comporta arroibamento, calor e suor paroxísticos da rexión parótida durante a mastigación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha aurícula e a un ventrículo.

    2. Formación muscular do sistema excitocondutor do corazón situada nas proximidades do seo coronario da aurícula dereita.

    3. Orificio de comunicación entre a aurícula e o ventrículo; o paso por este burato está regulado polas válvulas mitral (lado esquerdo) e tricúspide (lado dereito).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao vestíbulo da orella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cidade ou á provincia de Ourense, denominada Auria na época romana.

    2. Natural ou habitante de Auria ou Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín mensual en galego publicado pola Asociación Cultural Auriense en marzo de 1969 e subtitulado “Follas informativas de A. C. Auriense”. Contiña información diversa sobre as actividades da asociación, un apartado literario, humor e novas de prensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade cultural creada en 1967 por un grupo de mozos ourensáns encabezados por Pedro Merino Gómez e Santiago Docampo Figueiral co fin de espallar a cultura galega. Axiña se adheriron a ela galeguistas como Otero Pedrayo, nomeado presidente de honor, xunto a outros intelectuais ourensáns como Xesús Ferro Couselo, Xaquín Lourenzo Fernández, Bieito Fernández Alvárez, Eleuterio González Salgado, Salvador Rey Domínguez, Antón Fernández Sánchez, Carlos Guitián Rodríguez e Nemesio Barxa Álvarez. Esta agrupación desenvolveu importantes actividades culturais como a organización de debates denominados Tertulias da Auriense, cursos de lingua e literatura galega, excursións culturais e conferencias sobre temas económicos, sociais, históricos e literarios. O seu boletín interno levou o nome de Boletín da Auriense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo creado en Ourense en 1974 por un grupo de mozos procedentes da compañía Histrión 70, ao abeiro da Agrupación Cultural Auriense. O seu primeiro espectáculo naceu a partir dun texto homónimo de Jenaro Marinhas del Valle, O triángulo ateo (1974). Seguidamente, e cunha forte compoñente nacionalista e reivindicativa, estrearon Historia do home que se volveu can (1974), sobre a obra de Oswaldo Dragún; Manuel, vento indomable (1975), segundo un texto de Manuel Guede; Unha vez foi o trebón, sobre a recreación que da revolta irmandiña fixera Manuel María; O Caixón (1977) e A gran candonga (1978), a partir de textos de Millán Picouto. Nesa mesma liña, en 1975 presentaron o Recital Cabanillas e en 1976 o Recital Ferrín, Manuel María, Novoneyra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva ou que contén ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Traballo en ouro.

    2. Obturación dun dente cariado con ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obturar con ouro o furado dun dente cariado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén ou que é da cor do ouro.

    2. Que é capaz de converter substancias en ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Na Antigüidade grega e romana, condutor dun carro de cabalos. Na Grecia dos ss VIII-VII a C era quen conducía un carro de guerra. A partir do s VII a C convertéronse nos condutores de carros en xogos deportivos. En Roma o auriga era o condutor de carros en xogos circenses. Os aurigas romanos, tamén chamados agitatores, adoitaban pertencer a clases sociais inferiores, inda que moitos deles, grazas á súa habilidade na condución das carruaxes de cabalos, acadaron éxito e fortuna pecuniaria. Foron adoito representados nas artes plásticas da Antigüidade clásica, sendo a peza máis coñecida a escultura de bronce realizada en tamaño natural titulada Auriga de Delfos.

    2. cocheiro.

    3. Nome latino dunha das constelacións boreais, tamén chamada Cocheiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estatua de bronce realizada en tamaño natural atopada nas escavacións do santuario de Delfos. Formaba parte dun grupo escultórico que representaba a carruaxe completa, é dicir, coas bestas e o moble, pero só chegou ata nós a figura do auriga. Está dedicada a Polizelos, tirano de Xela, a quen se cre que representa posiblemente tralo triunfo nunha competición de carros. É un dos máis salientables exemplos da estatuaria do período artístico severo (inicios do s V a C), ponte entre o arcaico e o clásico na arte da antiga Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome francés da illa de Alderney, no arquipélago anglonormando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á civitas romana correspondente a Auria (Ourense).

    VER O DETALLE DO TERMO