Auriga de Delfos

Auriga de Delfos

Estatua de bronce realizada en tamaño natural atopada nas escavacións do santuario de Delfos. Formaba parte dun grupo escultórico que representaba a carruaxe completa, é dicir, coas bestas e o moble, pero só chegou ata nós a figura do auriga. Está dedicada a Polizelos, tirano de Xela, a quen se cre que representa posiblemente tralo triunfo nunha competición de carros. É un dos máis salientables exemplos da estatuaria do período artístico severo (inicios do s V a C), ponte entre o arcaico e o clásico na arte da antiga Grecia.

Palabras veciñas

aurificar | aurífico -ca | auriga | Auriga de Delfos | Aurigny | auriguense | Aurillac