"VOR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 122.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Náchod, Bohemia 1924) Escritor checo. Profesor de literatura angloamericana na Universidade de Toronto, fundou a editorial de exiliados checos 68 Publishers. Das súas obras destacan Zbabělci (Os covardes, 1958), Smutek porucíka Boru.vky (A tristeza do tenente Boru.vka, 1966) e Nápady čtenáře detektivek (Ideas dun lector de novelas policiais, 1965).
-
PERSOEIRO
Militar. Loitou en diversas ocasións contra os turcos e contra Polonia. Durante a segunda coalición contra Napoleón, entrou en Milán, venceu a Macdonald en Trebbia e Jouvert en Novi Ligure, pero finalmente tivo que repregarse a Austria, desde onde volveu para Rusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se alimenta de vermes.
-
-
Radiofaro direccional de tres emisións.
-
Sistema de navegación aérea instrumental baseado na recepción dos sinais emitidos por un radiofaro VOR.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de voraz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Iacobo da Varazze.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Austria (2.601 km2; 351.565 h [2001]). A capital é Bregenz. Limita ao N con Baviera e o lago Costanza, ao O e ao S con Suíza e Liechtenstein e ao L co Tirol, a través do Arlberg Pass. Está atravesado polo Ill, afluente do Rin, polo Ach de Bregenz, tributario do lago Costanza, e polos cursos superiores do Lech e do Iller, afluentes do Danubio. O clima é continental alpino. Os recursos económicos derivan da gandaría e da industria diversificada.
-
-
Que come con avidez.
-
Que destrúe ou acaba con todo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dando tombos polo chan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saltos e voltas que se realizan despois de espallar na malla, como divertimento e proba de forza.
-
PERSOEIRO
Pintor holandés. En 1924 fundou o grupo K, e mantivo contactos co grupo De Stijl de Leiden. Membro de Cercle et Carrée (1930), participou na fundación do grupo Abstraction-Création, en París (1932). Adaptou o neoplasticismo ao seu propio estilo e pintou con diagonais e triángulos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista ruso. Ideólogo do populismo liberal, postulou a imposibilidade do desenvolvemento do capitalismo en Rusia, debido á falta de mercados exteriores e, polo tanto, pola imposibilidade de obter unha certa plusvalía. Era partidario da pequena produción e do pequeno comercio, e idealizou a obščina labrega.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Rusia, situada na beira do río Voronež (910.000 h [1997]). É un dos maiores núcleos industriais de Rusia. De orixe medieval, a finais do s XVII foron construídos os primeiros estaleiros de Rusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (52.400 km2; 2.472.2000 h [estim 1999]). A súa capital é Voronez.
-
PERSOEIRO
Arquitecto ruso. É autor da catedral da Virxe de Kazan’ (1810-1811), que imita, principalmente na cúpula e na columnata, a San Pedro do Vaticano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal ruso. Membro do partido bolxevique (1903), participou na Revolución de 1917 e na Guerra Civil, e foi comisario do Pobo, do Exército e da Mariña (1925-1940). Durante a Segunda Guerra Mundial dirixiu a defensa de Leningrado. Foi vicepresidente do Consello de Comisarios do Pobo (1947-1953) e presidente do presídium do soviet supremo (1953-1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta húngaro. Foi un dos principais representantes do romanticismo húngaro e un dos forxadores do húngaro literario moderno. Das súas obras destacan Csongor és Tünde (1831) e Gondolatok a könyvtárban (Meditación na biblioteca, 1845), e o poema patriótico “Exhortación” (1836).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiron a cidade e a oblast’ de Lugansk’ de 1935 a 1958 e de 1970 a 1989.
-
PERSOEIRO
Político surafricano. Coñecido como John Vorster, foi ministro de Xustiza (1961-1966) e de Policía (1966). Sucedeu a H. F. Verwoerd como primeiro ministro (1966) e continuou a política de apartheid. En 1978 dimitiu e foi elixido presidente da república, cargo do que dimitiu en 1979 a raíz dun escándalo gobernamental.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Remuíño que se forma nunha masa de fluído animada por un rápido movemento de rotación que tende a formar un baleiro no seu centro.