"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

  • PERSOEIRO

    Explorador e comerciante ruso. Adicouse ás actividades mercantís en Siberia. Director da Compañía Ruso-americana, no 1799 tomou posesión de Alasca en nome do Tsar, sendo gobernador deste territorio ata o seu pasamento. Durante o seu mandato fundou colonias e factorías e estableceu relacións entre a colonia de Alasca e os EE UU, California e diversas cidades asiáticas, como Cantón (China) ou Manila (Filipinas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do oblast de Brest, Bielorrusia (159.000 h [1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista italiano. Civilista de renome, entre os seus traballos destaca Istituzioni di diritto civile (Institucións de dereito civil, segunda edición 1921), obra breve mais de gran valor didáctico e rigor científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal ruso. Destacou sobre todo nas guerras napoleónicas. Despois de exercer o cargo de ministro de Guerra (1810), foille dado o mando do principal exército que se enfrontou á invasión napoleónica de Rusia (1812). Posteriormente foi dirixente do exército expedicionario dese país que invadiu Francia no 1814. O Tsar Alexandre I outorgoulle os títulos de conde (1814) e de príncipe (1815).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no concello de Tomiño. É un templo románico que formou parte do desaparecido mosteiro de San Salvador de Barrantes. Documentado desde 1138, a igrexa pasou á xurisdición do cabido da Catedral de Tui en 1435 por mor da falta de monxes. A primitiva nave foi transformada e ampliada. Consérvase a ábsida, rectangular no interior e semicircular no exterior, cuberta cunha bóveda de cuarto de esfera, mentres que o presbisterio presenta unha bóveda de canón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor lituano. Estudiou Letras e Medicina en Moscova. Fundou en Tilsit en 1883 a revista nacionalista Ausra. A súa obra céntrase no estudo da literatura e das tradicións populares lituanas. Fundou en Vilnius unha biblioteca e un museo nacional. Escribiu Ozkabaliu Dainos (Os cantos de Ozkabalai, 1902) e Lietuviskos Pasakos (Lenda lituana).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Polígrafo. Publicou un Dicionario histórico enciclopédico (1828-1833), un Tratado de declamación ou arte dramática (1833) e unha Historia dos templarios (1834). Foi membro da Academia de Boas Letras (1835).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Konstantin Nikolajevic   Bat’uškov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. A súa poesía, liberal e renovadora, seguiu a tradición anacreóntica: Moi penaty (As miñas mágoas, 1814). Cultivou tamén a elexía histórica e evoluíu cara a unha poesía profundamente melancólica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Obtivo gran sona coa novela Grand Hotel (1929), que se representou no teatro e no cine. En 1931, unha vez establecida nos EE UU, comezou a escribir para o cine. Destacan as súas novelas Martin’s Summer (1927) e Helene Willfüer (1927), e a escolma de contos A tale from Bali (Contos de Bali, 1937). Escribiu tamén a súa autobiografía titulada Es war alles ganz anders.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto ruso de formación francesa. Realizou, en estilo clásico, un proxecto de reconstrución total do Kremlin de Moscova (1772) que non foi levado a cabo. É autor do Novo Arsenal de Leningrado (1768 -1769). A súa obra mestra é a casa Pahkov (1784-1786), máis tarde denominada biblioteca Lenin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Redactor do Krest´janskaja Gazet (1923-1929), destacou como autor de contos e novelas inspiradas en lendas do Ural como Malakhitovaja škatulka (O estoxo de malaquita, 1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista, escritor e editor quebequés. É autor de novelas como Un rêve québécois (Un soño quebequés, 1972), Don Quichotte de la démanche (Don Quixote da dislocación, 1975) e Les grands-pères (Os avós, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico ucraíno. É autor de traballos básicos sobre a estrutura das capas corticais do cerebro. No ano 1874 describiu un tipo de células piramidais coñecidas como células de Bec.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor croata. Introduciu no seu país as tendencias literarias imperantes na Europa do momento, dende Ibsen ata Pirandello. Escribiu poesía, teatro e novela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. O tema central da súa creación é o traballo como contido da existencia do home. Entre as súas obras destaca: Zizn’ Berežkova (A vida de Berežkov, 1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo ruso. Foi un dos membros máis importantes, xuntamente con Pavlov, da escola de reflexoloxía rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico, ensaísta e filósofo finlandés. Estudiou na Universidade de Moscova. Integrado nos ambientes revolucionarios, dedicouse á creación literaria e á actividade crítica. Logo dunha época hegeliana, converteuse nun apaixonado materialista que fundou a estética e a crítica realistas. Contrario á arte pola arte e ao intimismo romántico, defendeu a explicación sociolóxica da evolución da arte, o condicionamento do home polas súas circunstancias, o compromiso da literatura e a atención ao espírito do pobo e ás súas fontes literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Deuse a coñecer co conto Derevn’a Berd’ajka (O pobo de Berd´ajka, 1961) e consagrouse con Privyčnoje delo (Traballo habitual, 1966). Da súa produción destacan Plotničkije Rasskazy (Historias dun madeireiro, 1968), Utrom u subbotu (Sábado pola mañá, 1976) e Vospitanije po doktoru Spoku (A educación segundo o doutor Spock, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Catedrático de Filoloxía Románica nas universidades de Cádiz e Barcelona. Especialista no mundo da canción cortés e da literatura lírica galego-portuguesa, os seus estudios sobre lírica medieval románica ocupan unha parte fundamental do seu labor investigador. No ámbito da poesía galego-portuguesa, a súa interpretación dos textos permitiu ampliar o mapa xeográfico-histórico desta escola, como se reflicte nas publicacións aparecidas en prestixiosas revistas baixo o título xenérico Tipos y temas trovadorescos. Así mesmo, contribuíu a despexar incógnitas sobre a datación de textos fundamentais, de trobadores como Pero da Ponte ou Afonso X, achegando datos sobre a lírica peninsular e a transpirenaica. Subliñou o carácter simbólico da cantiga de amigo no estudo O cervo do monte a augua volvia: del simbolismo naturalista en la cantiga de amigo (1984) e, o conceptual da de amor, na monografía A cantiga de amor (1995). En Antología de la poesía gallego-portuguesa...

    VER O DETALLE DO TERMO