"Zas" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 134.
-
PERSOEIRO
Militar. Membro da cabalaría, loitou en Marrocos e ascendeu a xeneral en 1926. En xullo de 1936 era director xeral da Garda Civil, pero mantívose fiel á Segunda República e foi comandante en xefe do exército do centro (1936-1937). A raíz da crise de maio de 1937 designárono xefe do exército do leste. Foi destituído tras o fracaso final ante as forzas franquistas en marzo de 1938.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre os concellos de Baiona, Oia e Tomiño. O seu cumio acada os 606 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
crebacabezas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
quizais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aberturas ou fendas no casco do cabalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza acolchada fixada á parte superior do respaldo do asento dun vehículo que serve para apoiar a cabeza.
-
PERSOEIRO
Actriz. Formada na Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid (1983-1987), desenvolveu o seu labor en diversas producións do Centro Dramático Galego, como O mozo que chegou de lonxe (1988), de J. M. Synge; A casa dos afogados (1991), de M. A. Fernán-Vello; e Un soño de verán (1992), de W. Shakespeare; e colaborou con Teatro de Aquí en Saxo Tenor (1994), de R. Vidal Bolaño. En 1992 fundou, xunto con María Pujalte, a Compañía de María, coa que elaborou varios espectáculos. Presentadora e actriz de programas e series da TVG, como Superamigos, A Familia Pita, Pratos combinados e Terra de Miranda, participou como actriz de reparto en Urxa (1989), Martes de Carnaval (1991), A metade da vida (1994), Arde amor (1998), Sei quen es (1999), El regalo de Silvia (2003) e Heroína (2005). Recibiu o Premio Tirso de Molina (1987) pola súa participación na obra El veneno...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Foi un dos fundadores de Escola Aberta e de Nova Escola Galega. Pertenceu á comisión de Lingua do Consello da Cultura Galega e dirixiu a revista Galicia, Cultura y Ocio. Ademais de diversos libros de texto de carácter didáctico e pedagóxico, é autor de Os residuos sólidos urbanos (1990), O patrimonio arqueolóxico e artístico (1992) e Xograres do mar e do amor (1998). Coordinou os volumes Galicia en mapas (1980) e Arqueoloxía de Galicia (1982). Recibiu o Premio da Crítica Galicia (1980) e o Premio Otero Pedrayo (1984), en representación de Escola Aberta e do audiovisual Galicia en imaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid situado ao NO da capital (63.385 h [2001]). Destaca a industria mecánica, do cemento e a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que pertence ao Parque Natural do Invernadeiro, situado no concello de Vilariño de Conso. O seu cumio acada os 1.604 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Humanista. Coñecido como el Brocense, escribiu, entre outras obras, Grammaticae Graecae compendium (1581) e Verae brevesque latinae institutiones (1587), ademais de tratados retóricos, numerosas obras científicas, comentarios a Juan de Mena (1582) e a edición comentada das poesías de Garcilaso de la Vega (1573).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización xurdida en 1931 da conversión da sección pesqueira do Sindicato General de Trabajadores de Vigo en sindicato. Integrou as seccións de palangreiros do Berbés, parellas de Bouzas, empacadores, estibadores, patróns, maquinistas e mariñeiros.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de Santiago Seré que dá nome ao concello das Somozas, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Ferrol, situado ao N da Comunidade Autónoma de Galicia, a 43° 31’ de latitude N e 7° 52’ de lonxitude O. Limita ao N con Cerdido e Ortigueira (comarca de Ortegal), ao L e ao S coas Pontes de García Rodríguez (comarca de Eume) e ao O con San Sadurniño e Moeche (comarca de Ferrol). Abrangue unha superficie de 70,9 km 2 cunha poboación de 1.374 h (2007), distribuída nas parroquias das Enchousas, Recemel, Seixas e As Somozas. A súa capital está no lugar da Igrexa, na parroquia das Somozas, que dista 34 km de Ferrol e 124 km de Santiago de Compostela. Pertence á provincia da Coruña, á diocese de Ferrol-Mondoñedo e ao partido xudicial de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio das Somozas localízase nunha zona de transición entre as serras de Forgoselo e da Faladoira e o val de San Sadurniño. O relevo caracterízase pola sinuosidade do terreo, con elevacións abundantes e continuas; destacan a Pena dos Ladróns (620 m), Vilalbesa (582 m)... -
GALICIA
Xornalista. Fundador do xornal El Jerezano, foi redactor en Sevilla do diario La Tribuna. Publicou Tiempo perdido, Leyendas y tradiciones jerezanas e Historia de la ciudad de Jerez de los Caballeros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
tenaces.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Riós, no concello homónimo. O seu cumio acada os 943 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO