Rozas Caeiro, Antón
Rozas Caeiro, Antón
Profesor. Foi un dos fundadores de Escola Aberta e de Nova Escola Galega. Pertenceu á comisión de Lingua do Consello da Cultura Galega e dirixiu a revista Galicia, Cultura y Ocio. Ademais de diversos libros de texto de carácter didáctico e pedagóxico, é autor de Os residuos sólidos urbanos (1990), O patrimonio arqueolóxico e artístico (1992) e Xograres do mar e do amor (1998). Coordinou os volumes Galicia en mapas (1980) e Arqueoloxía de Galicia (1982). Recibiu o Premio da Crítica Galicia (1980) e o Premio Otero Pedrayo (1984), en representación de Escola Aberta e do audiovisual Galicia en imaxes.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela