"bot" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 225.
-
PERSOEIRO
Economista e banqueiro. Fillo de Emilio Botín López, primeiro presidente do Banco de Santander, e de María Sanz de Sautuola y Escalante, descubridora das covas de Altamira. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid. En 1929 foi nomeado conselleiro do Banco de Santander, accedeu á dirección do propio Banco en 1934 e foi nomeado presidente en 1950. En 1986 entregou a presidencia ao seu fillo Emilio, e en 1989 cedeu o cargo de vogal do consello de administración ao seu neto Emilio Botín-Sanz de Sautuola O’Shea. En 1965 creou o Banco Intercontinental (Bankinter); cedeu en 1986 a presidencia ao seu fillo Jaime e o cargo de vogal ao seu neto Marcelino Botín-Sanz de Sautuola y Nevada. Exerceu como presidente da Fundación Benéfica Marcelino Botín. Foi galardoado coa Gran Cruz ao Mérito Civil e coa Medalla de Oro do Consejo Superior de Cámaras de Comercio, Industria y Navegación de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bota que cobre o pé e o nocello e que empregaban as mulleres no traxe tradicional de faena; estaba feita de coiro e tiña a base de madeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe establecida en Santiago de Compostela. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Botixo, Botixeiro, Botixeira e Botexo. As súas armas levan, en campo de goles, un porrón.
-
-
Recipiente, xeralmente de barro, máis ancho na parte superior ca no pé, cunha asa na parte superior central e dous bicos, un para enchelo e outro, máis pequeno, para beber, que se usa para levar e conservar a auga fresca.
-
Recipiente de vidro cun bico longo en forma de cono, que se emprega para beber botando o líquido desde o alto cara á boca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
[sueco: Botten;
-
GOLFOS
Golfo do Mar Báltico situado entre Suecia e Finlandia. Cunha extensión de 668 km de largo e 240 km de ancho, e unha profundidade entre 50 e 100 m. Destacan o grupo das illas Aland situados na entrada, os illotes (schären) pegados á costa e os bancos de area que fan case imposible a navegación. Distínguense dúas partes; ao N, Bottenvik (cunha profundidade máxima de 126 m), e, ao S, Bottenha (coa máxima profundidade do golfo con 294 m). Todas as aguas de Finlandia e N de Suecia desembocan neste golfo, entre outros, os ríos Oulu, Kemi, Torne, Pite, Lule, Ume, Ågerman e Lyungan. Os portos principais son Härnösand, Luleå, Sundsvall e Gävle en Suecia, e Pori, Vaasa e Oulu en Finlandia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
golfiño.
-
-
Recipiente feito en pel de cabrito que empregan os pastores para gardar o leite que lle muxen ás cabras no monte.
-
Pelello usado para gardar viño.
-
Bota de montar a cabalo ou empregada para paseos polo campo.
-
-
-
Apelido que ten a súa orixe nun antigo alcume aplicado a un individuo que se caracterizaba por ser un gran bebedor de viño ou por ser pequenote e regordecho. A mesma orixe ca este ten o apelido Botas e os diminutivos Botella e Botello. Todos estes apelidos remiten ao latín tardío butta ‘vasilla de coiro, pelello, bota’ ou ao seu diminutivo butticula. Nalgúns casos puido facer referencia a unha persoa que desempeñaba o oficio de peleteiro.
-
Liñaxe oriúnda de Portugal, que se estendeu por terras de Galicia e León. A rama galega leva escudo partido: na primeira partición, en campo de ouro, dúas cabezas de mouros con turbantes brancos, postas en pau e coroadas de sable; na segunda partición, en campo de sinople, dúas torres de ouro, colocadas tamén en pao.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lanza do carro.
-
-
Relativo ou pertencente aos botocudos.
-
Individuo do pobo indio dos botocudos.
-
Pobo indio do Brasil localizado preto do río Doce, nunha zona montañosa e selvática, entre os estados de Minas Gerais e Espírito Santo. Os botocudos viven da recolección e da caza, e o seu nivel tecnolóxico é moi baixo. Son animistas e falan unha lingua ge. Actualmente están case que extinguidos.
-
-
-
Abertura onde se introduce e prende o botón.
-
Caixa que se abre na basa e na zapata para introducir o pé e a cabeza dun pé dereito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai, vende ou traballa con botóns.
-
-
Abrocho que aparece nos vexetais e que dá lugar a unha póla, unha folla ou unha flor.
-
Chor que aínda non estendeu a corola.
-
Peza pequena xeralmente circular, plana ou alombada, de metal, óso, nácara, plástico, etc, recuberta ou non de tea, que soa ou con outras iguais, se cose aos vestidos e serve principalmente, pasándoa por un ollal ou por unha malla, para unir o bordo en que vai cosida ou como adorno en certas aberturas de moitas pezas de roupa.
-
Peza móbil, xeralmente de dimensións reducidas, que se pulsa ou que se fai xirar, co obxecto de accionar un mecanismo, abrir ou pechar un circuíto eléctrico, etc.
-
ostra portuguesa.
-
Motivo ornamental de forma circular.
-
Bóla ou chapa de ferro que se pon na punta da espada ou do florete de esgrima para evitar que fira a estocada.
-
-
Círculo pequeno ou barra de forma rectangular que aparece dentro dun cadrado de diálogo en forma de ventana ou nunha páxina web. Cada botón representa unha opción que é posible escoller, sempre que non estean inactivos. Para seleccionar algo haberá que presionar nel co rato.
-
botón animado
Botón que amosa algún tipo de movemento de xeito automático ou ao pasar por riba del co rato, como os empregados para deseñar páxinas web co HTML dinámico ou DHTML.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caixa oval, de madeira ou metal, que leva unha abertura cunha roldana pola que pasa a driza para izar a vela nunha embarcación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filme producido polo vigués Cesáreo González a partir dun relato curto do capitán de corveta José Luis de Azcárraga baseado na vida cotiá dos cabaleiros gardamariñas da Escola Naval Militar de Marín. Adaptado por H. S. Valdés con diálogos de Adolfo Torrado -tándem habitual nas producións Suevia na década dos corenta- foi dirixida por Ramón Torrado. Carlos, José Luis e mais Enrique son tres alumnos da Escola Naval que forman o grupo Botón de Ancla. A película recolle as súas aventuras e distintos rituais da vida militar, mesturando a comedia máis clásica con notas de melodrama, a heroica morte de Enrique, morte física pero non espiritual, presente nas imaxes finais do desfile que celebra a entrega de despachos. A súa estrea en Madrid foi patrocinada polo ministerio de Mariña nunha sesión de gala. En Vigo serviu para a inauguración do Teatro Cine Fraga en marzo de 1948, obra do arquitecto Luis Gutiérrez Soto, e propiedade de Isaac Fraga. Acadou un grande éxito de público que tentaron repetir...
-
VER O DETALLE DO TERMO
betoque.
-
-
CAPITAIS
Capital do judet de Botosani, Romanía, na rexión de Moldavia (129.285 h [1997]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Judet de Romanía (4.986 km2; 460.115 h [1997]). A capital é Botosani.