Botín-Sanz de Sautuola y López, Emilio
Economista e banqueiro. Fillo de Emilio Botín López, primeiro presidente do Banco de Santander, e de María Sanz de Sautuola y Escalante, descubridora das covas de Altamira. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid. En 1929 foi nomeado conselleiro do Banco de Santander, accedeu á dirección do propio Banco en 1934 e foi nomeado presidente en 1950. En 1986 entregou a presidencia ao seu fillo Emilio, e en 1989 cedeu o cargo de vogal do consello de administración ao seu neto Emilio Botín-Sanz de Sautuola O’Shea. En 1965 creou o Banco Intercontinental (Bankinter); cedeu en 1986 a presidencia ao seu fillo Jaime e o cargo de vogal ao seu neto Marcelino Botín-Sanz de Sautuola y Nevada. Exerceu como presidente da Fundación Benéfica Marcelino Botín. Foi galardoado coa Gran Cruz ao Mérito Civil e coa Medalla de Oro do Consejo Superior de Cámaras de Comercio, Industria y Navegación de España.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Puente de San Miguel -
Deceso