"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Sociedade Cultural formada no concello de Cerdido no ano 1988. Dende 1990 son organizadores do Certame Folclórico do concello de Cerdido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Chile (109.025 km2; 88.782 h [estim 1995]). A capital é Coihaique (43.139 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista, taxidermista e escultor. Dende 1922, foi o principal defensor da vida dos gorilas en liberdade, creándose grazas aos seus esforzos o Parque Nacional Alberte no 1925, onde na actualidade ten a súa sede o Centro de Investigación Karisoke. Na súa faceta de taxidermista, na que desenvolveu o seu propio método, marcou unha das mellores pautas de destreza dramática e exactitude científica. Na Sala de África do Museo Norteamericano de Historia Natural aínda se admira a súa obra na actualidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Destilar no alambique.

    2. Revisar detalladamente algún obxecto, palabra ou acción ata atopar o seu sentido verdadeiro ou a súa utilidade, para procurar unha linguaxe, conceptos e formas máis sutís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Efectuar unha serie de pasos de gran lonxitude para apurar máis ou para medir simplemente.

    2. Dar alancadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Discípula de Adela Ginés, participa na Exposición Xeral de Belas Artes de Madrid en 1892, con dous cadros titulados Estudios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recinto murado, porta ou torreón que había no exterior de certas fortificacións musulmanas na Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha (1.769 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. er ou percibir algo ao lonxe sen distinguilo con claridade.

    2. Observar certos indicios que poidan indicar que algo vai suceder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa conserveira fundada en Santoña (Cantabria) no 1867 por Arredondo e Carlos Albo Kay, co nome de Albo, Arredondo e Cía. Comezou como negocio familiar e posteriormente, no 1931, converteuse en sociedade anónima. No 1939, trasladou a súa sede central a Vigo, cambiando o seu nome por Hijos de Carlos Albo; sen embargo, seguiu a manter unha factoría no porto cantábrico. Ademais de Vigo e Santoña, Albo ten fábricas en Celeiro (Viveiro), Candás e Tapia de Casariego (Asturias). Iniciou as súas actividades coa salgadura de anchoas. Xa na década de 1970 comezou a producir pratos precociñados, como callos con garavanzos ou á madrileña, fabada asturiana e mesmo caldo galego. Posteriormente esta oferta ampliouse a paellas, lentellas e outros pratos. Ademais tamén comercializa patés, como o de fígado de porco e o de atún. A planta de Vigo produce fundamentalmente conservas de sardiñas, cefalópodos, mariscos e atún claro; a de Celeiro e Candás enlatan atún branco e atún claro; mentres a fábrica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olume publicado en 1862 no que se recollen, xunto con outros textos, as composicións poéticas presentadas nos Xogos Florais da Coruña do 1861. A escolma, con poemas en galego e castelán, realizouna o poeta Antonio María de la Iglesia e a edición custeouna Xosé Pascual López Cortón. O Álbum comeza cunha dedicatoria de López Cortón á Asociación de Beneficencia da Coruña; a seguir enuméranse os mantedores e adxuntos, as actas do certame, as bases e descrición dos xogos, o discurso do presidente do Consistorio, a memoria do secretario, as composicións premiadas e un discurso de Villaamil e Castro. Como remate do volume, o Mosaico poético dos poetas contemporáneos galegos. Esta antoloxía representa a máis antiga e valiosa mostra dos poetas galegos da época, onde xa aparecen figuras do Rexurdimento pleno como Rosalía ou Pondal. Entre as poesías recollidas hai composicións de Francisco Fernández Anciles, Vicente Turnes, Alberto Camino e Antonio María de la Iglesia, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, á beira do Xúcar (1.563 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Melide. As súas armas levan, en campo de azur, un alcar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, ao pé da serra de Alcaraz (1.799 h [1996]). Centro agrícola e gandeiro. Castelo, murallas e conxunto monumental renacentista na Praza Maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid (1996). A súa obra caracterízase por unha ollada permanente cara ao mar, empregando diversas técnicas e materiais. Entre as súas exposicións destacan as colectivas na Sala Caixavigo (Vigo,1993) e Sala de Exposicións da Facultade de Belas Artes (Madrid, 1995) e a individual Naufraxios (Puerto de La Cruz,1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poeta ourensán pertencente ao cenáculo cultural Círculo Azor, constituído en Ourense no 1941 por un grupo de mozos. Publicou poemas na prensa e na revista literaria Posío, que saíu do prelo en xullo do 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra da Península Ibérica ao L de Sierra Morena. Separa a depresión do Guadalquivir e a de Murcia en dirección N-L. As rochas que a forman son arxilas e margas triásicas. Nela nacen os ríos Guadalmen e Guadalimar (da conca do Guadalquivir) e o Mundo (da conca do Segura).

    VER O DETALLE DO TERMO