"ibn" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Banu Sirā ǧ .
-
PERSOEIRO
Astrónomo e matemático árabe. Membro da escola científica de Ḥ arrān, foi un dos principais tradutores de obras astronómicas gregas. Formulou a teoría da trepidación dos equinoccios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xefe musulmán da tribo qaysī. Decidido partidario dos omeias, contribuíu á entronización de ‘Abd al-Ra ḥ mān I en Al-Andalus.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta árabe preislámico. Autor da corte do soberano de Hīra, escribiu un diván de poemas libertinos e unha muwaxaha.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Caudillo bérber. Dirixiu a primeira expedición musulmá na Península Ibérica en xullo de 710, baixo as ordes de Mūsà ibn Nu ṣ ayr. Desembarcou na Punta de Tarifa co consentimento do conde don Julián e devastou a zona de Algeciras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Caudillo bérber. Lugartenente de Mūsà ibn Nu ṣ ayr en Ifriqiya. Foi gobernador de Tánxer e dirixiu a expedición musulmá, en abril de 711, á Península Ibérica. Derrotou os visigodos na Batalla de Guadalete en xullo de 711 e proseguiu ata Toledo en 713 e, xunto con Mūsà ibn Nu ṣ ayr, máis cara ao N. Ao chegar a Zaragoza foi chamado polo califa de Damasco al-Walid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Terceiro emir almorábide (1143-1145), fillo e sucesor de Alī ibn Yūsuf ibn Tāšfīn. Desde 1126 exerceu o cargo de gobernador de Al-Andalus, excepto nas Illes Balears. O seu reinado caracterizouse polas continuas retiradas a causa do avance almohade na Península.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e médico da corte. Escribiu Ḥ avy ibn Yaq ẓ an, traducida ao latín (1671) como Philosophus autodidactus, en que afirmou a posibilidade de coñecer as verdades supremas coa soa razón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Señor das taifas de Toledo (1043-1075) e València (1065-1075). Vasalo e tributario de Fernando I de Castela, conquistou Córdoba en 1074 aproveitando unha revolta contra os abbásidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Señor da taifa de Toledo (1075-1085) e València (1085-1092). Entronizouse como señor de València cando Toledo foi reconquistada por Afonso VI de Castela. As súas arbitrariedades e o temor a que entregara a cidade a Castela provocaron a súa destitución e a caída de València nas mans do Cid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Califa bérber de Córdoba (1021-1023 e 1025-1027). Destronado pola súa impopularidade, despois do califato de al-Qāsim ibn Palatino;Palatino; Palatino;Ḥ ammūd e do de Mu Palatino; Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad III volveu ao poder, ata que o expulsaron.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Señor da taifa de Zaragoza (1081-1085). Membro da familia dos Banū, derrotou ao seu irmán al-Mun Palatino;Palatino; Palatino;ḏ ir ‘Imād al-Dawlā en 1802 coa axuda do Cid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro emir de Al-Andalus (747-759). Conseguiu o poder co apoio de Palatino; Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ṣ umayl al-Kilabī, xefe dos sirios chegados a Al-Andalus coas mesnadas de Bal Palatino;Palatino; Palatino;ǧ . Tentou frear as aspiracións de ‘Abd al-Ra Palatino;Palatino; Palatino;ḥ mān I de instalarse en Al- Andalus. Foi derrotado por este na ribeira do Guadalquivir (756), preto de Córdoba e tivo que refuxiarse en Mérida. Enfrontáronse de novo e foi derrotado e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo andaluz. Coñecido na cultura occidental como Azarquiel, é considerado un dos científicos máis notables do mundo islámico. Inventou a azafea (instrumento de observación astronómica) a partir do astrolabio plano, descubriu o movemento propio do apoxeo solar e contribuíu ao establecemento das táboas astronómicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Líder bérber. Atravesou o estreito de Xibraltar e formou un exército mercenario ao servizo de Almanzor. Durante as rivalidades de árabes e bérberes para ocupar o Califato de Córdoba, púsoxe ao lado de Sulaymān al-Musta’in. Despois da derrota de Aqabat el Baqar (1010), volvendo a puxar polo poder Sulaymān recibiu como recompensa o territorio de Granada, onde encabezou a dinastía zírida.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Líder bérber. Xefe da confederación de tribos magrawa, colaborou inicialmente (911?) na penetración andalusí no N de África, pero rebelouse contra a soberanía cordobesa, e foi derrotado en 998. Ofreceu os seus servizos a Almanzor e en 999 trasladouse á Península Ibérica. As súas tropas mercenarias foron as antecesoras dos membros da dinastía zírida.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? - 845) Músico árabe. Adscrito á corte abbásida de Bagdad, foi chamado pola súa fama á corte cordobesa en tempos de ‘Abd al-Rahman II, que foi o seu mecenas. Creador da música andalusí, engadiu unha quinta corda ao laúde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Abd el-Krim (Ajdir, Al-Hoceima, Rif 1882 - O Cairo 1963) Caíde da Cabila dos Beni Uryagel e Cadí (gobernador) de Melilla, ao servizo do Goberno Español ata 1921, cando agrupou varias tribos baixo o seu mando e organizou a insurrección contra os poderes coloniais predicando unha guerra santa. Logo da súa vitoria en Annual contra as tropas españolas comandadas polo Xeneral Silvestre (xullo 1921) e a captura do seu rival Raysūlī (1925) converteuse no líder da insurrección de Marrocos. No ano 1925 atacou o territorio francés tentando tomar Fez, o que provocou que os gobernos de España e Francia respondesen conxuntamente co Desembarco de Alhucemas (febreiro 1926), ofensiva que provocou a rendición sen condicións de ‘Abd al-Karīm (maio 1926) que se entregou aos franceses, sendo deportado á illa Reunión ata o 1947, cando se lle permitiu volver a Francia; fuxido durante a viaxe, pediu asilo ao Rei Faruk de Exipto, proseguindo dende O Cairo a loita antifrancesa...
-
PERSOEIRO
Emir do Al-Andalus no ano 733. Combateu contra os hispanos e os vascóns e foi destituído no 734. No 741 volveu ser nomeado, tivo que facer fronte a unha rebelión dos bérberes; solicitou axuda a Bal ǧ ibn Bišr al-Qušayrī quen o destituíu e executou despois da vitoria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Valí (gobernador) muladita de Mérida. Protagonista de numerosas revoltas fronte ao Emir Mu ḥ ammad I, refuxiouse na corte de Afonso III. Volveu ao Al-Andalus no 884.
VER O DETALLE DO TERMO