"nito" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 107.

  • PERSOEIRO

    Investigador e escritor. Catedrático de Literatura Hispanoamericana na Universidade de Santiago de Compostela e colaborador do Consejo de Investigaciones Científicas (CSIC), na súa obra analiza a figura de destacados intelectuais galegos, como Castelao, o Padre Feijoo, Lamas Carvajal, E. Pardo Bazán, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro; a produción narrativa na literatura hispanoamericana; e a evolución da literatura mundial ao longo do s XX. Autor de varios artigos na Historia de Galicia (1980), escribiu Historia de la literatura gallega (1950), Poetas gallegos (1953), Singraduras da narrativa galega (1973) e Estruturas de la narrativa de Castelao (1973), ademais da edición de significativos títulos de escritores galegos, como Memorias de Tains (1983), de G. Rodríguez Mourullo. Da súa obra tamén cómpre destacar Estruturas novelísticas de Emilia Pardo Bazán (1973), Estruturas novelísticas del XIX (1974) e Leopoldo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Coñecido como Nito Contreras, formou parte do grupo musical Folk Cantigas (1968-1971) e en 1971 trasladouse a Roma para finalizar os estudos de filosofía na Universitá Gregoriana onde se licenciou en 1973. Alí comezou a súa formación artística que o levou á práctica da pintura mural na que evolucionou desde a figuración á abstracción ata chegar a tridimensionalidade. Participou dalgúns dos grupos artísticos alternativos que se desenvolveron en Roma nos anos oitenta, como Magazzini Generali, e foi un dos fundadores da revista Altrimmagine (1986). A finais desa década interesouse pola creación escultórica despois de participar en Borderland (1988), o encontro de artistas europeos de Praga (1990) ou no proxecto itinerante Volkerwanderung, que percorreu os circuítos artísticos de Alemaña. A súa obra escultórica céntrase na creación de formas simbólicas, nas que emprega materiais industriais ou de refugallo, baseadas nas formas primitivas que toma da súa terra....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘xerado’, ‘procreado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica reparadora dos xenitais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen xera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos órganos xenitais e urinarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección oriental do lago Huron, en Canadá.

    VER O DETALLE DO TERMO