"sin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 907.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Naceu en Ourense no 1984, encargada de organizar na Escola Universitaria de EXB da cidade de Ourense a denominada “Escola Ibérica de Verão-Jornadas de Ensino de Galiza e Portugal”. Trátase dun movemento de renovación pedagóxica reintegracionista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima da cadea respiratoria que actúa conxuntamente co fluxo de protóns que retornan ao interior da mitocondria ou da bacteria, realizando a fosforilación oxidativa.
-
-
Individuo dun pobo de fala algonquina de América do Norte, coñecido tamén polo nome de groso ventre das praderías. A mediados do s XIX, os atsinas estaban establecidos cerca do río Milk, entre o Saskatchewan do Sur e o alto Missouri. No século XX pasaron a habitar en reservas do estado de Montana, EE UU.
-
Dialecto da lingua algonquina falado polos atsinas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza francesa anónima (1200?) pertencente ao xénero das chantefables. Alterna prosa e verso. Trata dos amores de Nicolette, unha cativa comprada aos sarracenos, e de Aucassin, fillo do conde Garin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Autoencaixador que obtén o sincronismo entre dous xeradores ou dous sistemas de corrente alterna que traballan co mesmo potencial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación de cromosomas bivalentes na meiose por emparellamento de homólogos. Acostuma producirse nos individuos alopoliploides.
-
-
Relativo ou pertencente a Ávila ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ávila.
-
-
PERSOEIRO
Político, xurista, educador e sociólogo. De tendencia liberal e crítico coa Restauración, en 1873 incorporouse ao partido republicano progresista de Ruiz Zorrilla. Expulsado da cátedra de Dereito Comparado en 1876, foi cofundador da Institución Libre de Enseñanza, que máis tarde dirixiría. Foi deputado de 1886 a 1916, e presidiu a conxunción republicano-socialista (1909). Nos últimos anos da súa vida pasou ao partido reformista de Melquíades Álvarez. Presidiu o Instituto de Reformas Sociais desde 1903. De entre as súas obras destaca El régimen parlamentario en la práctica (1885). É un dos fundadores da Socioloxía española.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome observada en certos casos de lesións bulbares unilaterais e caracterizada por trastornos cerebelosos e simpáticos no lado da lesión, e hemiplexía e hemianestesia, no lado oposto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome observada en certos casos de lesións bulbares unilaterais e caracterizada por trastornos cerebelosos e simpáticos no lado da lesión, e hemiplexía e hemianestesia, no lado oposto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axente ou anticorpo que ocasiona a lise bacteriana.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Kalimantan Meridional, Indonesia, na beira do Martapura (482.931 h [1995]). Ten un porto fluvial exportador de petróleo, madeira, diamantes, ouro, ferro e carbón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro clínico, descrito inicialmente polo médico italiano Guido Banti, que representa unha forma de hipertensión portal, na que destaca unha grande esplenomegalia con pancitopenia e frecuentes e graves hemorraxias dixestivas. OBS: Denominación en desuso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sinusite nasal provocada por cambios súbitos da presión atmosférica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
xoaniña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro clínico caracterizado por unha hiperplasia das células do aparello xustaglomerular do ril, que determina unha produción excesiva de renina e condiciona un estado de hiperaldosteronismo, con alcalose hipopotasémica, pero sen hipertensión arterial.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico, político, historiador e xurista francés. Bispo de Lisieux (1447-1474), participou na revisión do proceso de Xoana de Arco. É autor, entre outras obras, dunha historia dos reinados de Carlos VII e Luís XI (1407-1483) titulada De rebus gestis Caroli VII et Ludovici XI.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Modelo publicitaria e actriz norteamericana. Despois de fotografar a súa imaxe na revista Playboy no ano 1983, comezou a traballar no cine e na televisión. A súa beleza e sensualidade diante das cámaras convertérona nun dos símbolos sexuais do cine da década dos oitenta. En 1997 conseguiu un Oscar á mellor actriz secundaria polo seu papel en L A Confidential. Interpretou tamén os filmes: Hard country (Dura nación, 1981), Never say never again (Nunca digas nunca xamais, 1983), Nine 1/2 weeks (Nove semanas e media, 1986), Batman (1989) e Prêt-a-porter (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado de Hampshire, Inglaterra, Reino Unido, situada ao SO de Londres (67.447 h [1981]).
VER O DETALLE DO TERMO