Azcárate, Gumersindo de
Azcárate, Gumersindo de
Político, xurista, educador e sociólogo. De tendencia liberal e crítico coa Restauración, en 1873 incorporouse ao partido republicano progresista de Ruiz Zorrilla. Expulsado da cátedra de Dereito Comparado en 1876, foi cofundador da Institución Libre de Enseñanza, que máis tarde dirixiría. Foi deputado de 1886 a 1916, e presidiu a conxunción republicano-socialista (1909). Nos últimos anos da súa vida pasou ao partido reformista de Melquíades Álvarez. Presidiu o Instituto de Reformas Sociais desde 1903. De entre as súas obras destaca El régimen parlamentario en la práctica (1885). É un dos fundadores da Socioloxía española.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : León -
Deceso
Lugar : Madrid