"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político brasileiro pro-gobernamental fundado en 1965 polo goberno militar do Xeneral Castelo Branco. Baixo o artificial sistema bipartidista, ostentou a maioría parlamentaria dende 1966. Foi disolto oficialmente en 1979, coa liberalización do réxime.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuádrupla Alianza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dupla Alianza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santa Alianza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tripla Alianza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
No Nadal de 1933 a CNT viña de colleitar un rotundo fracaso na súa última tentativa insurreccional e o PSOE, á súa vez, de perder as eleccións. En Europa, o fascismo deixara reducidas a cinsas potentes organizacións socialistas austríacas e alemanas. A maiores, a crise económica, o endurecemento patronal e o xiro á dereita dos partidos republicanos, ameazaban as conquistas obreiras do primeiro bienio republicano. Nese contexto, primeiro en Catalunya e logo na Comunitat Valenciana, vanse producir senllas tentativas de unidade entre as diversas correntes proletarias, que tomarán a denominación de “Alianzas Obreiras”. Estas, sen embargo, non estarán apoiadas nin pola CNT, nin polo PCE. Como é sabido, a conxunción de todas as forzas obreiras cun obxectivo revolucionario, tan só vai ser posible en Asturias, nos días da frustrada Revolución de outubro de 1934. En Galicia, a actitude dos libertarios vai ser, pola contra, máis aberta. Na alborada de decembro de 1935, a CRG tomou posición definitiva...
-
VER O DETALLE DO TERMO
garnacha.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome castelán de Alacant. É cooficial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte que non está contida un número exacto de veces nun todo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que aliena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dante Alighieri.
-
PERSOEIRO
Físico soviético. En 1934 descubriu, co seu irmán Artemij Isaakovič Alikhanian (1908 - 1978), a emisión de parellas electrón-positróns polos núcleos radioactivos. Estudiou tamén os raios cósmicos. En 1949 dirixiu a construción do primeiro reactor nuclear soviético e en 1961 a dun acelerador de protóns. Tivo un papel destacado na creación da bomba nuclear soviética.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa obrigada legalmente a dar alimentos.
-
FILOSOFOS
Filósofo italiano, profesor nas universidades de Padua e Nápoles. Postulou a experiencia como único criterio de verdade e defendeu a vinculación entre ciencia e filosofía. Publicou a obra Relativismo e idealismo (1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, historiador, xeógrafo e pedagogo armenio. Considerado o intelectual máis importante da Congregación dos Mequitaristas. A súa obra poética foi axuntada en cinco volumes co título de Cantos (1857-1858). É autor de Lembranzas da patria armenia (1869-1870) e de A Armenia pintoresca (1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sutan Takdir Alisjahbana.
-
PERSOEIRO
Nabab de Bengala (1740-1756). Nomeado Primeiro Ministro polo nabab Šuha al-Dīn; rebelouse (1740) contra o seu fillo e sucesor, a quen usurpou o trono. Independizouse do Emperador Mu ḥ ammad Shāh.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Baal, de quen reproduce os seus poderes, na mitoloxía ugarítica. Deus da vexetación e da humidade, fronte ao seu irmán Mot, deus da seca. Entre ambos os dous irmáns representan o ciclo completo das estacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gran canal de irrigación do S de California, EE UU de 129 km de lonxitude. Construído entre o 1934 e o 1940, no marco da política de grandes obras públicas da época do New Deal, comeza no Imperial Dam, no río Colorado, e chega no seu final preto de Calexico.
-
PERSOEIRO
Pintor escocés. Foi director da Academia das Artes de Edimburgo. Dedicouse ao retrato, a temas populares e representacións mitolóxicas; ilustrou poemas de R. Burns. Unha das súas obras máis coñecidas é A orixe da pintura (1775).
VER O DETALLE DO TERMO