"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa María de Arcos (Chantada). Construído no s XVIII, ten planta rectangular e patio interior. No s XIX construíuse unha capela exenta. Destaca a fachada situada nun lateral da solaina.
-
GALICIA
Xurista e político. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1905 ingresou na carreira xudicial e desempeñou cargos en Galicia, Asturias, Girona, León e Madrid. Representou a España nos congresos de Dereito Penal Internacional de Bruxelas (1926) e Bucarest (1929). En 1931 foi nomeado fiscal xeral da República. Deputado nas Cortes Constituíntes de 1931 en representación da provincia de Lugo, participou na discusión do proxecto da lei orgánica do Tribunal de Garantías Constitucionales. Durante a Guerra Civil mantivo a administración de xustiza ao seu cargo. Detido en Barcelona en 1939 trala ocupación da cidade polas tropas franquistas, foi xulgado nun consello de guerra e executado. Da súa obra científica destacan Memoria sobre la Fundación Aguirre: el origen y desarrollo de las fundaciones benéficas a través de la historia y del derecho, Proyecto de Ley orgánica de los Tribunales de justicia ordinaria, Bases para una novísima organización...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de embarazar.
-
Que está preñada.
-
-
-
Impedir que algo ou alguén actúe ou se desenvolva con normalidade.
-
Facer que alguén se sinta refreado e non saiba reaccionar.
-
Deixar preñada a unha muller.
-
-
-
Dificultade para a realización de algo.
-
Turbación ou falta de soltura no que se está a realizar.
-
-
Estado da muller embarazada que comprende o período que vai dende a implantación do óvulo fecundado ata o parto, en que o embrión se nutre a expensas do organismo materno a través da placenta. A duración media é de 40 semanas, cunha dobre desviación típica de 9 2 semanas, contadas a partir do primeiro día da última menstruación. O embarazo produce un conxunto de modificacións tanto anatómicas como funcionais que afectan a todo o organismo materno e representan a resposta fisiolóxica ás esixencias hemodinámicas, endócrinas e metabólicas do feto. O ovario é máis grande como consecuencia da persistencia do corpo lúteo durante o primeiro trimestre, a trompa de Falopio queda ocluída por un tapón mucoso, o útero aumenta de peso e de capacidade (de 50-65 g a 1.000 g e de 3-5 cc a 4.000-5.000 cc), as fibras musculares do miometrio aumentan en número e tamaño, o endometrio transfórmase nunha mucosa secretora chamada decidua, o colo uterino abrándase e acúrtase de forma progresiva e queda pechado...
-
embarazo ectópico
Embarazo en que o embrión se desenvolve fóra da cavidade uterina. Pódense distinguir entre intrauterinos (o intersticial e o cervical) e extrauterinos (o tubárico, o ovárico e o abdominal). A localización máis frecuente é a tubárica. Este tipo de embarazo é inviable e a miúdo require dunha solución cirúrxica.
-
embarazo eutópico
Embarazo normal en que o óvulo fecundado está implantado na cavidade uterina.
-
embarazo falso/espurio
Estado patolóxico que simula un embarazo e que pode orixinar erros na diagnose. Tamén se denomina pseudo-ciesi.
-
embarazo nervioso/histérico
Fenómeno psicosomático caracterizado por un conxunto de signos físicos, como inchazón de ventre e mamas, amenorrea ou náuseas, que evocan un embarazo, pero que se dan nunha paciente que non está realmente embarazada.
-
proba de embarazo
Proba inmunolóxica para detectar a presencia da hormona gonadotropina coriónica (HGC) nos ouriños da muller embarazada.
-
-
-
-
Que dificulta a realización de algo.
-
Aplícase a unha situación en que non se sabe cómo actuar ou reaccionar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de embazar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de embazar.
-
-
Cubrir de bafo.
-
Impedir que algo continúe a súa marcha.
-
Manchar o creto ou a honra dunha persoa.
-
Encherse algo de bafo.
-
Quedar algo detido sen poder avanzar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asa pola que se embraza o escudo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao escudo dividido por dúas liñas que, partindo de dous ángulos destros do escudo, se unen no flanco sinistro do mesmo.
-
-
Suxeitar algo ou a alguén cun brazo.
-
Introducir o brazo esquerdo pola embrazadeira do escudo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de emprazar.
-
-
Citar a alguén para que compareza nun lugar ou tempo determinado.
-
Requirir xudicialmente a unha persoa para que compareza, nun lugar e prazo fixado, perante un tribunal.
-
-
PERSOEIRO
Astrónomo e matemático alemán. Estudiou nas universidades de Hamburgo e Gottingüer, onde foi discípulo de Gauss. En 1816 nomeárono astrónomo do Observatorio Seeberg de Gotha e máis tarde, en 1822, director. Foi director do observatorio e profesor da Universidade de Berlín. Realizou importantes estudios sobre os cometas e determinou en 1819 a órbita do cometa que leva o seu nome, descuberto por P. F. A. Mechain. Calculou con moita exactitude a distancia da Terra ao Sol, a partir dos pasos de Venus diante do Sol, e descubriu varias estrelas dobres. En 1837 observou unha descontinuidade no anel máis externo de Saturno, que recibe o nome de división de Encke.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Converteuse ao cristianismo e escribiu Teofrasto, diálogo sobre a resurrección do corpo e a inmortalidade da alma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
angazar.
-
-
angazo.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘garfo’.
-
-
-
de enlazar.
-
Aplícase aos escudos unidos polos costados.
-
Aplícase aos fusos, losanxes ou mallas, entre outras pezas, cando as puntas dos seus flancos se tocan, pero só aquelas das que o seu número non chegue a formar un campo sementado.
-
Aplícase ás pezas enroscadas ou abrazadas doutras, como unha serpe a unha columna ou como a hedra a unha árbore ou a unha cruz.
-
Aplícase ás chaves, bastóns, mazas, espadas ou bandeiras colocadas en aspa detrás do escudo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de enlazar.