"Cis" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 1012.
-
GALICIA
Ensaísta e investigador. Doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidad Autónoma de Madrid e catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela. Foi reitor da USC (1994-2002), vicepresidente da Conferencia de Rectores de Universidades Españolas (2001-2002) e membro do comité científico da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (desde 2003). Forma parte dos consellos editoriais e comités científicos de máis dunha vintena de publicacións periódicas, e os seus traballos traducíronse ao inglés, francés, portugués, ruso e árabe. Publicou, ademais de numerosos artigos de crítica literaria, El Jarama de Sánchez Ferlosio; su estrutura y significado (1973), Estrutura y tiempo reducido en la novela (1977), El comentario de textos narrativos: la novela (1989), El polen de ideas. Teoría, crítica, historia y literatura comparada (1991), Trayectoria de la novela hispanoamericana actual (1991), con...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo. Foi profesor en San Gregorio de Valladolid e en Salamanca. Escribiu Relectiones theologicae (1557). Considerouse o pai do dereito internacional pola súa visión da comunidade humana universal e a necesidade de leis internacionais baseadas no dereito natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santiago de Viveiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento intelectual e artístico nacido en Inglaterra a raíz da obra do artista abstracto Percy Wyndham Lewis, coa publicación en 1914 de Blast! A Review of the Great English Vortex, en que se declarou partidario dunha estética apropiada para a sociedade moderna e contraria ao conservadorismo inglés. Estivo influído polo cubismo e o futurismo, así como pola fotografía, o novo desenvolvemento da enxeñaría tecnolóxica e da arquitectura. Reuniu, entre outros, ao escritor Henri Gaudier-Brzeska, o poeta Ezra Pound e o artista Jacob Epstein.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e deseñador inglés. Deseñou papeis pintados, tecidos e mobles e o prototipo das súas vivendas no campo en The Pastures (Rutland, 1901).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Saxofonista de jazz estadounidense. Coñecido como Ben Webster, da súa discografía sobresaen Coleman Hawkins Encounters Ben Webster (1957) e Ben Webster Meets Don Byas (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa afeccionada ao xogo do xadrez, especialmente a que o practica de xeito profesional.
-
PERSOEIRO
Guitarrista. Estudou no Conservatorio de València e en París, e realizou a súa presentación como solista coa Orquesta Nacional de Madrid (1947). Foi famoso pola súa guitarra de dez cordas e formou un dúo co arpista N. Zabaleta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Retratista de paisaxes e tipos, compaxinou o labor fotográfico cunha intensa actividade política e chegou a ser presidente da Unión Republicana. As súas fotografías ilustraron o primeiro libro de fotografías editado en Galicia, Recuerdo de Pontevedra (1883). Membro da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, recibiu o Premio de Honra no Certame de Artes e Oficios de Pontevedra (1887 e 1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor cinematográfico estadounidense. En 1933 fundou, con J. M. Schenk, a 20th Century, que despois se fusionou coa Fox. Produciu, entre outros filmes, The Grapes of Wrath (1940) e How Green Was My Valley (1941), de John Ford; Viva Zapata! (1952), de E. Kazan; e The Longest Day (1962), de K. Annakin, A. Marton e B. Wicki.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, cantante e guitarrista de rock estadounidense. Coñecido como Frank Zappa, combinou o rock and roll con elementos da música culta contemporánea. Da súa discografía destaca Freak out (1966) e Sheik Yerbouti (1979). Outras producións son a ópera rock Joe Garage (1979) e a suite para orquestra Yellow Shark (1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. En 1629 instalouse en Sevilla e en 1634 viaxou a Madrid, parece que chamado por Velázquez para participar na decoración do palacio do Buen Retiro. Volveu a Sevilla e realizou os conxuntos dos mosteiros de Guadalupe (1638) e da cartuxa de Jerez (1638). Desde 1658 residiu en Madrid. A súa arte parte do naturalismo chegado desde Italia. Utilizou a luz como elemento definidor dos contornos. Bo debuxante, destacan as figuras illadas tratadas á maneira de naturezas mortas. As súas composicións son hieráticas e pouco enlazadas, como se cada personaxe fose unha obra illada. Destacan La defensa de Cádiz (1684) e Naturaleza muerta (1633).
VER O DETALLE DO TERMO