vorticismo

vorticismo

(< ingl Vorticism)

s m [ARTE/LIT]

Movemento intelectual e artístico nacido en Inglaterra a raíz da obra do artista abstracto Percy Wyndham Lewis, coa publicación en 1914 de Blast! A Review of the Great English Vortex, en que se declarou partidario dunha estética apropiada para a sociedade moderna e contraria ao conservadorismo inglés. Estivo influído polo cubismo e o futurismo, así como pola fotografía, o novo desenvolvemento da enxeñaría tecnolóxica e da arquitectura. Reuniu, entre outros, ao escritor Henri Gaudier-Brzeska, o poeta Ezra Pound e o artista Jacob Epstein.

Palabras veciñas

Vorster, Balthazar Johannes | vórtice | vorticidade | vorticismo | vos | vós | Vos, Cornelis de