"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que non tolera amplas variacións da humidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que só pode soportar pequenas variacións dos factores ecolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao instrumento óptico en que un pequeno buraco fai as funcións dunha lente converxente, como o caso dunha cámara escura primitiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreitura patolóxica, conxénita ou accidental, dun orificio ou dun conduto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que é moi sensible a pequenas variacións de temperatura.
-
-
Escritura estenográfica realizada a máquina.
-
Máquina especial para a escritura estenográfica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que escribe con estenografía á máquina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á voz ou ruído que produce un rebumbio moi grande debido á súa potencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
escampada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pao ou soporte de distintos materiais que se emprega para suxeitar algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta leñosa, da familia das cistáceas, de follas de limbo enteiro dispostas de xeito oposto, de grandes flores hermafroditas de simetría radial, solitarias ou en cimas pouco espesas, de cáliz de sépalos libres e corola de 5 pétalos que murchan rapidamente, con numerosos estames e un único estilo. Os froitos son cápsulas que abren en forma de estrela, e teñen numerosas sementes de pequeno tamaño. As estepas están localizadas fundamentalmente na área mediterránea, onde constitúen un dos compoñentes fundamentais das matogueiras. En Galicia están presentes en lugares secos: Cistus ladanifer, de ata 3,5 m de altura, con follas que presentan entre 1 e 3 nervios principais, flores solitarias con sépalos de entre 11 a 18 mm de lonxitude e 8 a 13 mm de ancho, pétalos de 30 a 55 mm de lonxitude, a miúdo con manchas vermellas na base, e froitos en cápsulas tomentosas de entre 10 e 16 mm de diámetro; Cistus laurifolius, de ata 2,5 m de altura, follas con 3 nervios principais, sépalos de entre 13...
-
-
Paisaxe aberta e, as máis das veces, de relevo chairo, onde dominan formacións vexetais constituídas por plantas perennes herbáceas ou leñosas baixas, cunha distribución horizontal regular, e que nas áreas abertas poden ser ocupadas temporalmente por plantas anuais. É propia de rexións cunhas condicións climáticas continentais, onde se combinan un gran déficit hídrico estival (as precipitacións están comprendidas xeralmente entre os 100 e 250 mm anuais) e un descenso acusado das temperaturas durante o inverno, que limitan o desenvolvemento dos ciclos vexetais. Despois das chuvias invernais a cuberta vexetal prolifera de xeito rápido, pero a seca estival frea este proceso. As mellores representacións das estepas están nas chairas ucraínas, nas mesetas alxerianas e turcas, nas praderías americanas e na pampa arxentina. O aproveitamento tradicional destes ecosistemas baséase nun pastoreo transhumante de camelos e ovellas. Coa mecanización, algunhas estepas foron convertidas en cultivos, principalmente...
-
Arte dos cimerios, dos sármatas e dos escitas, pobos que habitaron as estepas euroasiáticas durante a Idade do Bronce. O territorio, dunha grande extensión xeográfica, abarcaba dende Mongolia ata Hungría e constaba de diferentes centros, entre outros, Karasuk e Tagar (en Asia central) do I milenio a C, e Kuban (ó S de Rusia), onde se localizaron un gran número de tumbas (kurgans) dos xefes escitas, con diferentes obxectos que evidencian influencias centroeuropeas, anatolias, iranias e gregas. Foi unha arte esencialmente animalística, inspirada na fauna da zona en que se desenvolveu, e influíu sobre a arte de China e no occidente de Europa.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado na marxe dereita do río Blanco (11.560 h [1996]). A súa economía estivo vinculada tradicionalmente ás actividades artesanais. O principal recurso económico é a agricultura, sobre todo cereais e oliveiras. Na industria predomina o sector alimentario, especialmente a elaboración de doces propios do Nadal (manteigadas e turróns), aceites, embutidos e licores. De orixe púnica, as fontes de época romana denominárona Astapa e Ostippo. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa gótico-mudéxar de Santa María la Mayor e a renacentista de San Sebastián, as murallas medievais e a torre da homenaxe (s XIV).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á estepa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á planta que é arrincada e arrastrada polo vento cando xa está frutificada, de xeito que se diseminan as sementes.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, á beira do Mar Mediterráneo, no sector denominado Costa del Sol (37.557 h [1996]). Importante núcleo comercial, nos últimos anos converteuse nun destacado centro turístico. Tamén ten certa actividade industrial, principalmente nos sectores químico, conserveiro e alimentario. De orixe incerta, estivo ocupada polos árabes ata 1456, data en que foi conquistada por Enrique IV de Castela. Do seu patrimonio cultural destacan as torres vixías, os restos do castelo árabe de El Nicio e a igrexa de Nuestra Señora de los Remedios (s XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Rama da química que estudia as relacións numéricas segundo as que reaccionan os elementos ou os compostos para formar unha nova combinación. As relacións estequiométricas veñen dadas pola lei das proporcións recíprocas ou de Richter (1792), a das proporcións definidas ou de Proust (1801), a das proporcións múltiples de Dalton (1803) e a dos volumes de combinación ou de Gay-Lussac (1808). Os fundamentos da estequiometría derivan, principalmente, das investigacións de K. F. Wenzel e J. B. Richter e dos traballos de Berzelius.
-
Relación numérica entre as masas dos elementos que forman unha substancia e as proporcións en que se combinan os elementos ou compostos nunha reacción química.
-
-
-
Relativo ou pertencente á estequiometría.
-
Composto químico que segue a lei das proporcións definidas, é dicir, que a proporción entre os seus átomos é invariable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico das substancias orgánicas que se caracterizan pola presenza do grupo funcional -COOR’, resultantes da substitución dun hidróxeno dun ácido, orgánico ou inorgánico, por un radical arilo, alquilo ou algún dos seus derivados. Segundo as normas da IUPAC, os ésteres desígnanse expresando primeiramente a parte que provén do ácido carboxílico con un substantivo formado engadindo o sufixo -oato (precedido dun n etimolóxico), o nome do hidrocarburo do mesmo número de átomos de carbono ca o ácido, e despois o nome do radical da parte catiónica, como por exemplo hexanoato de etilo. Cando se empregan os nomes triviais dos adxectivos característicos dos ácidos, como fórmico, acético ou benzoico, entre outros, o substantivo que deriva para designar a parte aniónica é o formado cambiando o sufixo -ico destes adxetivos polo sufixo -ato, como é o caso de acetato de etilo. Se non se pode formar o nome do anión,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino bíblico (Ester en hebreo, Esther en grego e Esther na Vulgata). Posiblemente de orixe persa, relaciónase coa voz persa (i)stareh ‘estrela’, con raíz nunha antiga palabra indoeuropea *ster- que aínda pervive en moitas linguas (al Stern, ingl star, lat stella, etc). Hai tamén quen o vincula coa divindade asirio-babilonia Istar (en grego Ảστάρτη), deusa do Amor. Presenta o hipocorístico Siña. A súa festividade celébrase o 8 de decembro e o 24 de maio.