Ester
Ester
[ONOM]
Antropónimo feminino bíblico (Ester en hebreo, Esther en grego e Esther na Vulgata). Posiblemente de orixe persa, relaciónase coa voz persa (i)stareh ‘estrela’, con raíz nunha antiga palabra indoeuropea *ster- que aínda pervive en moitas linguas (al Stern, ingl star, lat stella, etc). Hai tamén quen o vincula coa divindade asirio-babilonia Istar (en grego Ảστάρτη), deusa do Amor. Presenta o hipocorístico Siña. A súa festividade celébrase o 8 de decembro e o 24 de maio.