Ester, libro de

Ester, libro de
[RELIX]

Libro do Antigo Testamento, escrito probablemente por un xudeu persa cara ao 150 a C. Considérase unha adaptación dun antigo mito babilónico a un episodio da historia do pobo hebreo. O feito de que a obra, na Biblia hebrea, forme parte dos libros sapienciais, indica a finalidade didáctica do autor: ilustrar as ensinanzas dos sabios de Israel sobre o destino final do xusto oprimido e a do orgulloso perseguidor. A versión grega, diferente da hebrea, é obra de Lisímaco, xudeu helenista. Case todas as partes gregas engadidas, deuterocanónicas, están recollidas na Vulgata.

Palabras veciñas

éster | Ester | Ester | Ester, libro de | esterase | estercadura | estercar