"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e poeta. Coñecido como Charles Vildrac, fundou o grupo Abbaye en 1906. A visión idealista do humanismo marcou a súa obra. Das súas obras teatrais destacan Le paquebot Tenacity (1920), La brouille (1930) e Dommages de guerre (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Descubriu 21 cometas e elaborou un catálogo que contiña a posición de 300 obxectos de aspecto nebuloso. A primeira colección foi publicada 1770 e en 1781 apareceu a última versión. Os obxectos deste catálogo desígnanse mediante a letra M seguida dun número correlativo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Experimento de medida de interferencias luminosas efectuado, cun interferómetro de Michelson, por A. Michelson e E. W. Morley. Foi famoso porque decidiu negativamente a cuestión de se a Terra se movía ou non respecto ao éter e, en consecuencia, porqué obrigou a rexeitar a existencia deste éter. O resultado negativo do experimento explícase pola relatividade especial.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Impulsor dos estudos de arquitectura e deseño actuais, dirixiu a Revista Nacional de Arquitectura, coñecida posteriormente como Arquitectura. Das súas obras destacan o Instituto Laboral de La Carolina (Jaén) e a tribuna do campo de fútbol en San Mamés (Bilbao).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Paleógrafo, historiador, latinista e bibliógrafo. A súa obra destacou polos estudos sobre diplomacia castelá, historia de Madrid, Canarias e América e tamén polos traballos sobre paleografía visigótica e hispano-americana. Escribiu Tratado de paleografía española (1929 e 1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor sueco. Influído por A. Rodin e A. von Hildebrand, converteu o seu obradoiro no Museo Milles. Caracterizouse polo emprego de conceptos expresionistas e formas barrocas en movemento. Realizou retratos históricos e monumentos. Esculpiu Fountain of the Meeting of the Waters e Peace Monument (EE UU).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Desde 1869 foi director do Theater an der Wien, en Viena. É célebre polas súas operetas Der Bettelstudent (1882) e Der arme Jonathan (1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Contrabaixista, compositor e director de orquestra estadounidense. Colaborador habitual de Louis Amstrong e Duke Ellington, a súa obra sintetiza as diferentes correntes da música negra americana. Entre os seus discos destacan Tonight at Noon (1961), Changes (1973) e Three or Four Shades of the Blues (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Desenvolveu un estilo festivo e provocador, tal e como se reflicte nos seus filmes Con el culo al aire (1981), Karnabal (1985, Premio de la Generalitat de Catalunya, 1986), Daniya, el jardin de Harén (1988) e El rey del mambo (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Colaborador de Madrid Cómico e fundador de Madrid Alegre, estivo tamén vinculado á redacción de El Liberal, onde popularizou a sección “Versos prosaicos”. Publicou Mi niña (1910), Mi dulcinea (1913), La caída de Isabel II (1914), Rosas de pasión (1914), El oso blanco (1915) e Juegos malabares (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico. É un dos fundadores da citoloxía e a fisioloxía vexetais e autor de traballos memorables sobre as carrizas. Escribiu Elémens de physiologie végétale et botanique (1815).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento musical construído orixinalmente cunha cana á que se lle practicou un furado no tubo que fai de embocadura, tapado nun dos seus extremos co nó, e cunha membrana de diferentes materiais, no outro. Produce son ao cantar ou falar a través da incisión, facendo vibrar a membrana.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Vigo a partir de febreiro de 1872, que cesou en xuño dese ano. De carácter humorístico e satírico, apareceu baixo a denominación de “Periódico joco-serio”. Mantivo boas relacións con outras publicacións humorísticas da cidade, como La Caridad e El Desengaño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista escocés. Estudou en Edimburgo e Cambridge e foi profesor en Oxford e Cambridge. Especializouse na análise dos incentivos no contexto da información asimetricamente distribuída, e demostrou que esta información podía ter importantes consecuencias en determinados sistemas económicos e mercados. Recibiu, xunto a W. Vickrey, o Premio Nobel de Ciencias Económicas (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. Traballou no Atlanta Journal (1922-1926) e escribiu unha única obra, Gone With the Wind (1936, premio Pulitzer, 1937), dun grande éxito, que foi levada ao cine en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico estadounidense. Interpretou fundamentalmente papeis tráxicos e westerns. Despois da súa participación en The Story of G. I. Joe (1945), pola que foi nominado ao Oscar como mellor actor secundario, converteuse nunha das estrelas máis cotizadas de Hollywood. Da súa filmografía destacan River of No Return (1954), The Night of the Hunter (1955), Home from Hill (1960), Cape Fear (1962 e 1991), El Dorado (1966), The Yakuza (1975), The Last Tycoon (1976), The Ambassador (1984) e Dead Man (1995). Recibiu o Premio Donostia polo conxunto da súa carreira (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Descubriu o fenómeno do isomorfismo (1819), ao observar que os fosfatos e os arseniatos dun mesmo metal poden adquirir a mesma forma cristalina. En 1826 ideou procedementos axeitados para determinar directamente os pesos atómicos dos elementos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que establece que as substancias que cristalizan en formas isomórficas, é dicir, que teñen formas cristalinas idénticas e poden producir cristais mixtos, teñen unha composición química semellante.
-
PERSOEIRO
Escritor sueco. Nun primeiro momento, as súas novelas recolleron unha visión do tránsito da xente do campo a zonas industrializadas. En anos posteriores, o seu interese centrouse no fenómeno da emigración sueca cara a América. Destacan a súa triloxía sobre Knut Toring (1935-1939), onde analiza o sentido da liberdade, e as obras Rid i natt (Cabalgade esta noite, 1941), en que manifesta o seu sentimento antinazi; e Soldat med brutet gevär (Cando era un rapaz, 1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e escritor. Foi profesor en Lovaina (1956) e especialista do Concilio Vaticano II. Escribiu Littérature du XXe siècle et christianisme (1953-1960) e L’homme moderne devant le salut (1965). Foi nomeado membro da Real Academia da Lingua e Literatura Francesas en Bélxica (1970).
VER O DETALLE DO TERMO