Mitchum, Robert Charles Durman
Mitchum, Robert Charles Durman
Actor cinematográfico estadounidense. Interpretou fundamentalmente papeis tráxicos e westerns. Despois da súa participación en The Story of G. I. Joe (1945), pola que foi nominado ao Oscar como mellor actor secundario, converteuse nunha das estrelas máis cotizadas de Hollywood. Da súa filmografía destacan River of No Return (1954), The Night of the Hunter (1955), Home from Hill (1960), Cape Fear (1962 e 1991), El Dorado (1966), The Yakuza (1975), The Last Tycoon (1976), The Ambassador (1984) e Dead Man (1995). Recibiu o Premio Donostia polo conxunto da súa carreira (1993).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bridgeport, Connecticut -
Deceso
Lugar : Santa Barbara, California