"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Iniciou a súa formación nas escolas de Belas Artes de Porto e Lisboa (1966-1969) e completou a súa formación nas academias da Haia e de Rotterdam. Fundou e dirixiu a Casa-Museu Álvaro de Campos (1987-1989). Destacou pola orixinalidade das súas técnicas, como a fotografía en branco e negro, ou o cine experimental (My Education, 1981; Portugal Revisited, 1983; Dharma, 1983-1984). Tamén realizou unha serie de esculturas monumentais. Das súas pinturas destacan Nómada (1982) e A barca (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pomatómidos.

    2. Peixe da familia dos pomatómidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos perciformes, á que pertence a anxova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes perciformes, da familia dos pomatómidos, ao que pertence a anxova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos góbidos, ao que pertence o lorcho da area.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano, fillo de Cneo Pompeo Magno. Enfrontado a Caio Xulio César en vinganza polo asasinato de seu pai, coa morte de César (44 a C) foi nomeado praefectus classis et orae maritimae. Proscrito polo segundo triunvirato, ocupou, coa axuda dos piratas, Sicilia, Sardeña e Córsega. Obtivo daquela o favor de Marco Antonio, quen, temeroso do seu poder crecente, abandonouno ante Octavio. Foi derrotado por Marco Vipsanio Agripa e fuxiu a Asia, onde morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista romano. Da época dos emperadores Publio Elio Adriano, Marco Aurelio e Lucio Vero, a súa obra foi referencia para os xuristas posteriores, ata o Digesta de Xustiniano I. Escribiu Liber ad Sabinum e Liber ad Quintium Mucium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre polaca. O cabeza de familia ostenta desde 1764 o título de príncipe. Dos seus membros cómpre destacar a Estanislao II de Polonia e Jozef Poniatowski (Viena 1763-Leipzig 1813), defensor da independencia polaca respecto de Rusia, ministro da Guerra do Gran Ducado de Varsovia e xeneral dos exércitos napoleónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alfonso Pons Ezquerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Camariñas baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Colaborador de La Voz de Galicia e especializado en literatura, especialmente na obra de G. Torrente Ballester, escribiu Cuaderno de fragmentos sobre Gonzalo Torrente Ballester (1989), Renovación de la novela en el siglo XX: del 98 a la guerra civil (1992), Camilo José Cela: su arte literario (1994), Galicia en la obra narrativa de Torrente Ballester (1994), Achegamento a Torrente Ballester (1997), Pontevedra en la vida y obra de Gonzalo Torrente Ballester (2000) e a recompilación de artigos de prensa Viéndolas pasar (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto deportivo situado no fondo da ría de Pontevedra, á beira da cidade, na beiramar do río Lérez. Utilizado por embarcacións menores de tipo pesqueiro e deportivo, para acceder a este peirao de pouco calado é preciso ter en conta o estado das mar e das correntes e a presenza da ponte da Barca que bloquea o paso de barcos de máis de 12 metros de altura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Pontevedra. É coñecida como San Bartolomeu o Novo, pois xa existiu a igrexa de San Bartolomeu o Vello, da que se conservan restos dunha portada do s XIII que se refixo nas ruínas de San Domingos. Pertenceu á Compañía de Xesús desde a súa construción entre 1696 e 1714, ata a súa expulsión en 1767. Construída en estilo barroco, ten as trazas das igrexas xesuíticas romanas. No seu interior destacan os retablos atribuídos a Pedro de Mena, Gregorio Fernández, Pedro de Campo, Bieito Silveira e Gambino. Presenta unha fachada decorada con columnas e os escudos heráldicos de familias que axudaron economicamente para a súa construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no núcleo urbano de Redondela. O seu trazado, concibido para unir a liña ferroviaria entre Vigo e Ourense, foi redactado por Mariano Corredera en 1818. Os tramos de acceso construíronse en cantaría, cun lado dun só van, mentres que no outro extremo se formaron nove. O tramo principal formouse con vigas metálicas de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión da Turquía asiática do NL, que orixinariamente correspondía á parte de Capadocia que limitaba co Pontus Euxinus (Mar Negro) e se estendía ata o Cáucaso. É a posible patria dos indoeuropeos, que habitaron alí e a fixeron centro de emigracións entre o 2500 e 2000 a C. Chegou a ser reino autónomo durante as loitas dos diádocos (220 a C) grazas á política de Mitridates. Alcanzou o seu máximo esplendor baixo Mitridates IV Filopátor (132?- 63 a C) pero extinguiuse rapidamente pola ocupación romana de Cneo Pompeio (63 a C) e a anexión definitiva ao Imperio Romano (64 d C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso de Turquía, situado ao N de Anatolia. Esténdese ao longo da costa do Mar Negro, desde o Bósforo ata a fronteira con Xeorxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Especie de viga estreita que vai de trabe en trabe e no que van cravadas as táboas do piso, do teito ou sobre os que descansan as tellas.

    2. Ponte pequena.

    3. Ponte flotante constituída por dúas barcas ou flotadores unidos por un ou máis postes.

    4. Embarcación que ten o fondo, a proa e a popa planas e que se emprega para cruzar ríos ou como base de pontes provisionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Trasmiras, no concello homónimo. O seu cumio acada os 650 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Queizán (O Corgo). O seu cumio acada os 573 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilar de Lor (Quiroga). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Mourisca e Hedroso, ambas as dúas no concello de Viana do Bolo. O seu cumio acada os 1.019 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO