Pontevedra, San Bartolomeu de
Pontevedra, San Bartolomeu de
Igrexa situada en Pontevedra. É coñecida como San Bartolomeu o Novo, pois xa existiu a igrexa de San Bartolomeu o Vello, da que se conservan restos dunha portada do s XIII que se refixo nas ruínas de San Domingos. Pertenceu á Compañía de Xesús desde a súa construción entre 1696 e 1714, ata a súa expulsión en 1767. Construída en estilo barroco, ten as trazas das igrexas xesuíticas romanas. No seu interior destacan os retablos atribuídos a Pedro de Mena, Gregorio Fernández, Pedro de Campo, Bieito Silveira e Gambino. Presenta unha fachada decorada con columnas e os escudos heráldicos de familias que axudaron economicamente para a súa construción.