"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Conxunto de vigas que forman o asento ou base do hórreo.

    2. Conxunto dos pontóns dun tellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pontopóridos.

    2. Mamífero cetáceo da familia dos pontopóridos.

    3. Familia de cetáceos, da suborde dos odontocetos, co fociño alongado e que viven en augas costeiras moi pouco profundas. A única especie viviente é Pontoporia blainvillei, que habita no S do Atlántico, aínda que existen diversos fósiles pertencentes a outros xéneros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo danés. Orientouse cara ao pietismo que introduciu nas escolas danesas e norueguesas cos Comentarii ao Catecismo de Lutero (1737). Foi bispo de Mons (1747-1759). Da súa obra destaca Annales ecclesiae danicae (1766).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor danés. Considerado un dos grandes representantes do naturalismo danés, nas súas primeiras obras describiu a vida popular dos habitantes do seu país. A súa triloxía Det forjaettede land (A terra prometida, 1891-1895) e a serie de oito volumes Lykke-Per (Pedro o Afortunado, 1898-1904), en que reflicte a súa insatisfacción pola educación protestante que recibiu, son algunhas das obras máis importantes da súa produción. Tamén destacan Nattevagt (Velada, 1894), en que retrata a vida da burguesía; e De Dødes Rige (O reino dos mortos, 1912-1916), en que a través dunha obra satírica amosa o seu escepticismo. Obtivo, xunto con Karl A. Gjellerup, o Premio Nobel de Literatura (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Os Pontós ou a Ponte de Medua Antiga ponte situada sobre o río Sil en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Datada en época romana, consérvase a superestrutura de madeira cos piares de fábrica recuberta de cantaría. Ten cinco vans e localízase nunha vía romana secundaria do Val do Sil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jacopo Caruzzi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de porfillar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristal grande e ben desenvolvido que se atopa en rochas metamórficas arredor dunha matriz doutros cristais máis pequenos. Os máis comúns son aluminosilicatos relativamente densos, como o granate, a estaurolita, a cianita ou a andalucita. OBS: Tamén se denomina metacristal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos fillos do emperador do Imperio Bizantino nacidos durante o reinado de seu pai.

    2. Título que tiñan os fillos do emperador de Oriente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxura liberal dirixida, na noite do 18 ao 19 de setembro de 1815, polo mariscal de campo, Juan Díaz Porlier. Tiña como obxectivo restaurar a orde constitucional que daría a España as liberdades políticas. O corpo militar estaba de acordo, menos o capitán xeneral de Galicia, Filipe Saint March, que foi encarcerado. O pronunciamento foi xestado no balneario de Arteixo, onde descansaba por motivos de saúde. Na cidade da Coruña foi un éxito pero desde Santiago de Compostela, cidade cara á que se dirixiu para continualo, as institucións militares, civís e eclesiásticas organizaron a contraofensiva. O día 21, Porlier, traizoado por parte das súas tropas, foi detido no lugar de Merelle, preto de Ordes, e encarcerado en Santiago de Compostela. Foi trasladado á Coruña e permaneceu no Cárcere Real ata que foi condenado a morte e aforcado o 3 de outubro de 1815.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de célula propia dos poríferos que tapiza as canles que atravesan as paredes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade que se caracteriza pola hipertrofia da capa córnea arredor dos poros sudoríparos, seguida dunha atrofia secundaria da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e mestre de canto. Foi profesor no Conservatorio di Sant’Onofrio (Napolés) e no L’Ospedaleto (Venecia). Deu leccións en Londres e Viena, onde tivo como alumno a Haydn, e creou unha escola de canto onde se formaron algunhas prime donne e castrati como Farinelli e Caffarelli. Mestre de capela do príncipe de Hesse-Darmstadt e da catedral de Nápoles, cultivou principalmente a ópera seria, como Agripina (1708), Berenice (1710), Eumene (1721) e Arianna in Nasso (1733).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en Porqueira, construída na aresta do val pois tiña a función de impedir a penetración desde Portugal polo Limia. Coñécese tamén co nome de torre da Forxa ou torre de Firveda. Consérvase a torre da homenaxe ou torre forte, construída no s XI ou XII, de planta cadrada e realizada en cantaría. A entrada estaba situada máis alta que o terreo por motivos de defensa e o seu acceso ten unha escaleira de pedra. A porta dá paso a unha escaleira interior. Destaca a porta con arco oxival e as ménsulas decoradas. En 1387 ocupouna o duque de Lancaster durante a guerra entre Pedro I e Enrique de Trastámara e no s XV foi escenario das Guerras Irmandiñas, cando pertencía aos Benavente. Foi abandonada ao longo da Idade Moderna. Foi declarada BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Muíños. Ten planta rectangular con presbiterio a maior altura. As portas de acceso son de medio punto e a principal está formada por grandes doelas. No seu interior destaca o sagrario coas virtudes teologais e as imaxes de santo André, san Brais, santo Antón e a Inmaculada. No exterior destaca unha baqueta que percorre toda a fachada. A espadana ten un corpo de arcos e frontón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario automobilístico, fillo de Ferdinand Porsche. Coñecido como Ferry Porsche, dirixiu a empresa familiar ao rematar a Segunda Guerra Mundial e trasladou a fábrica a Gmünd. En 1963 comercializou o modelo Porsche 911, deseñado xunto co seu fillo Ferdinand Alexander Porsche, e que fixo nacer o mito dos automóbiles desta marca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta que serve de soporte á variedade enxertada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chileno. Ministro de Interior e Asuntos Exteriores, perseguiu os liberais, inmobilizou os militares e respectou o poder eclesiástico e o dos terratenentes. Ditador constitucional desde 1835, a guerra contra Perú e Bolivia (1836) provocou un motín militar en Quillota (Valparaíso) en 1837 e foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Manín (Lobios). O seu cumio acada os 644 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO