Pontóriga, A

Pontóriga, A

ou Os Pontós ou a Ponte de Medua Antiga ponte situada sobre o río Sil en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Datada en época romana, consérvase a superestrutura de madeira cos piares de fábrica recuberta de cantaría. Ten cinco vans e localízase nunha vía romana secundaria do Val do Sil.