"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Que ou quen danza ou lle gusta danzar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. danzador.

    2. Que ou quen se move dun lado para outro sen parar quieto.

    3. Que ou quen é un enredante ou obra ou actúa de forma insensata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado na Coruña a partir de 1879. Fundado e dirixido por Romualdo Real Vázquez, subtitulouse en sucesivas etapas “Periódico satírico político”, “Periódico satírico semanal” e “Periódico satírico”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Voz de Galicia, aínda que a partir do nº 164, o 12 de xuño de 1884, editouse nos talleres de V. Abad. A portada ocupaba toda a primeira páxina e nela debuxábase unha caricatura cun pequeno texto no que se criticaba algún aspecto relixioso ou político. Contiña diversos artigos e seccións: “Can-can”, “Sección negra”, “Ecos teatrales”, “Sección cantable”, “Espectáculos” e unha “Sección de anuncios” na última páxina. Na súa terceira época, en xaneiro de 1884 (nº160), incluíronse os apartados: “Desde el domingo”, “Charada”, “Epigramas” e “Correspondencia”. Defensora dos ideais republicanos, trátase dunha publicación de carácter humorístico na que apareceron numerosos artigos críticos, dirixidos especialmente contra a deputación, os políticos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mover o corpo seguindo as regras do baile ou o ritmo da música.

    2. Moverse de forma continua dun sitio para outro.

    3. Executar unha danza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. danzador.

    2. Que ou quen se move de forma continuada dun sitio para outro.

    3. Profesional da danza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome alemán de Gdańsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero musical popular de orixe cubana que xurdiu cando Miguel Faílde Pérez presentou o un de xaneiro de 1789 no Liceo Matanzas (Cuba) o seu primeiro danzón titulado Las alturas de Simpson. De Cuba este ritmo pasou á península do Yucatán, Veracruz e, posteriormente, á cidade de México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi ministro de Agricultura de Hungría (1935) e presidente do goberno (1936-1938). Apoiado polos socialdemócratas e polos pequenos propietarios, pero presionado polo goberno alemán, fixo aprobar leis que aumentaban as facultades do rexente, limitaban o dereito de voto e prohibíanlles numerosas actividades aos xudeus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da India, na chaira do Ganxes (218.274 h [1991]). É un importante núcleo industrial, no que destaca o sector alimentario (arroz e azucre) e téxtil (algodón).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Darbo. Trátase dunha construción románica de principios do s XIII, formada por unha soa nave e unha ábsida rectangular á que se accede por medio dun arco triunfal de medio punto. Na ábsida destacan dúas cruces antefixas: unha cruz latina con círculo central e sostida por un Agnus Dei, e outra de Santo Andrés ou de entrelazo. No hastial do testeiro da nave consérvase outra cruz antefixa da época románica. Na nave destaca unha fiestra abucinada que se abre no muro norte da nave. No exterior destacan a portada occidental encalada, na que se atopa un tímpano que presenta unha cruz potenzada inscrita nun círculo e tallada con relevo a bisel, e os canzorros de proa que sosteñen os beirís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Catedrático de Xeometría Superior na Université de la Sorbonne. Publicou memorias sobre o estudo das superficies ortogonais, ecuacións diferenciais de segunda orde en derivadas parciais, aproximación de funcións, funcións descontinuas, etc. A súa obra Leçon sur la théorie générale des surfaces et les applications géométriques du calcul infinitésimal (Lección sobre a teoría xeral das superficies e as aplicacións xeométricas do cálculo infinitesimal, 1887-1896) constitúe unha síntese de traballos realizados nos campos da xeometría e do cálculo durante o s XIX. Desenvolveu tamén unha nova teoría sobre as superficies alxébricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástica alemana. Formouse na Escola de Belas Artes de Hamburgo. Viviu en Nova York (1966-1968), onde se relacionou cos minimalistas e con Sol Lewitt. En 1967 realizou a súa primeira exposición individual e, a partir de 1968, comezou a crear calendarios expostos en columnas. Entre outras mostras participou na Documenta de Kassel (1972-1982). Dende 1973 reescribe obras literarias, entre outras A Eneida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito situado entre Europa e Asia que une o Mar Exeo co de Mármara. Esténdese de SO a NL ao longo de 60 km, cunha profundidade media de 55 m. Xunto co mar de Mármara e o estreito do Bósforo, facilita a comunicación entre o Mar Mediterráneo e o Mar Negro. As cidades máis importantes do estreito son Gelibolu, na parte europea, e Çanakkale (53.900 h [1990]), na parte asiática. A navegación é dificil polos fortes ventos, así como a frecuente néboa. Historicamente, tivo sempre importancia estratéxica e foi escenario de numerosos conflitos bélicos que buscaban o dominio do tráfico comercial entre Europa e Asia (entre as escuadras de bizantinos e venecianos, e as de rusos e turcos), e de conflitos internacionais polo libre tránsito dos barcos, que enfrontaron os turcos e as potencias europeas na Cuestión dos Estreitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación militar aliada contra Turquía que se desenvolveu en 1915 coa intención de comunicarse con Rusia e forzar o abandono de Turquía da Primeira Guerra Mundial. Os desembarcos de Gallípoli e o ataque a Selddülbahir foron neutralizados polos turcos, comandados por Mustafà Kemal e Liman von Sanders. Os aliados retiráronse o 20 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destrución voluntaria da produción ou dos excedentes, practicada normalmente en réxime de monopolio para evitar a desvalorización das mercadorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe antigo, fillo de Zeus e Electra, que fundou a cidade de Troia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. As súas obras analizan dun xeito crítico a estrutura da sociedade húngara. Ademais de nunha serie de documentais, participou na dirección de Jutalomutazás (Viaxe a Inglaterra, 1975), Filmregény (Filme-novela, 1978) e Átváltozás (Metamorfose, 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que dardexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Realizou estudios musicais en San Petersburgo e foi profesor de canto. Autor de numerosas cancións, iniciou xunto con Glinka unha tradición operística rusa baseada na canción popular. Influíu en Mursorgskij cos seus estudios sobre a adaptación da lingua rusa á música. Da súa produción destacan as óperas Esmeralda (1841) e Rusalka (1855), e as fantasías Baba-Yaga (1862) e Kazochok (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ajmag de Mongolia (200 km2; 91.000 h [estim 1997]). É un importante centro industrial no que destacan o sector téxtil e alimentario. Tamén conta cunha central térmica. A capital é Darhan (87.100 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO