Dardanelos

Dardanelos
Nome científico: [turco: Canakkale Boǧaci]

Estreito situado entre Europa e Asia que une o Mar Exeo co de Mármara. Esténdese de SO a NL ao longo de 60 km, cunha profundidade media de 55 m. Xunto co mar de Mármara e o estreito do Bósforo, facilita a comunicación entre o Mar Mediterráneo e o Mar Negro. As cidades máis importantes do estreito son Gelibolu, na parte europea, e Çanakkale (53.900 h [1990]), na parte asiática. A navegación é dificil polos fortes ventos, así como a frecuente néboa. Historicamente, tivo sempre importancia estratéxica e foi escenario de numerosos conflitos bélicos que buscaban o dominio do tráfico comercial entre Europa e Asia (entre as escuadras de bizantinos e venecianos, e as de rusos e turcos), e de conflitos internacionais polo libre tránsito dos barcos, que enfrontaron os turcos e as potencias europeas na Cuestión dos Estreitos.