"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Informe elaborado en 1923 por Charles Gates Dawes, e publicado ao ano seguinte. Acordado no Tratado de Versailles, a súa finalidade era estimar a capacidade de pagamento de Alemaña e determinar tanto os medios de reparación económica coma as correspondentes obrigas. Supuxo, de feito, a redución no importe dos pagos impostos a Alemaña en concepto de reparacións de guerra, xunto á colaboración económica dos EE UU na súa recuperación.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo norteamericano. Comezou no mundo da fotografía en 1887 e asociouse ao Camera Club de Boston. Amigo de Oscar Wilde e de Aubrey Beardsley, foi un dos primeiros teóricos que propuxo considerar a fotografía como unha arte. Interesouse sobre todo pola obra de J. Keats, H. de Balzac e M. Maeterlinck no eido da literatura, mentres que no campo da fotografía se achegou ao pictorialismo e á obra do grupo Linked Ring Brotherhood. Nas súas imaxes reflicte vistas de montañas, nus mitolóxicos e crucifixións, non exentas de fortes críticas por mor da súa trivialidade. Dende 1897, invitado por A. Stieglitz, colaborou con artigos e fotografías na revista Camera Notes. En 1899 comezou a traballar como asesor con Herbert Copeland nunha axencia de publicidade. Organizou en 1900 unha exposición dedicada á nova escola americana na Royal Photographic Society de Londres e en París e expuxo a súa obra no estudo que posuía en Boston.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Comezou facendo teatro nas compañías Bristol Old Vic e Bristol Arts Centre. En cine realizou pequenos papeis secundarios a principios dos anos setenta, como no filme Sunday, Bloody Sunday (Domingo, maldito domingo, 1971). A súa carreira consolidouse na década dos oitenta nas películas My Beautiful Laundrette (A miña fermosa lavandería, 1985) e The Unbearable Lightness of Being (A insoportable levidade do ser, 1987). Outros filmes nos que participou son: My Left Foot (O meu pé esquerdo, 1989), co que gañou un Oscar; Last of the Mohicans (O derradeiro mohicano, 1992), The Age of Innocence (A idade da inocencia, 1993) ou In the Name of the Father (No nome do pai, 1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soberano mongol (1471-1504). Chamado Batu-Möngke, ascendeu ao trono no 1471 e foi proclamado Dayan Khan. Restableceu a unidade dos mongois orientais e dirixiu diversas campañas contra China entre 1497 e 1505.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político xudeu. En 1941 participou coas forzas aliadas na liberación de Siria e Palestina, durante a Segunda Guerra Mundial. Na Primeira Guerra Árabe-israelí (1947-1948) foi comandante na fronte de Xerusalén e en 1953 foi nomeado xefe do Estado Maior de Israel. En 1958 abandonou o exército e ocupou o cargo de ministro de Agricultura (1959-1964). En 1965, con Ben Gurion, formou a fracción Rafí do partido laborista. Levou a cabo a reunificación das faccións do partido laborista para crear o Israel Labour Party (1967). Ocupou o ministerio de Defensa (1967-1974) e o de Asuntos Exteriores (1977-1979). En 1981 fundou o Partido Telem. Escribiu a súa autobiografía en 1976.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Reformador hindú. No 1875 fundou a Ārya Samāj, organización socio-relixiosa monoteísta que, dous anos máis tarde, se escindiu por un cisma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instituto ecuménico de estudios superiores de teoloxía situado no outeiro homónimo, entre Xerusalén e Belén. Creouse en 1971 como lugar de encontro e diálogo entre teólogos de todas as confesións cristiás. A súa dirección alterna sucesivamente entre as diversas igrexas.
-
PERSOEIRO
Xeógrafo e cartógrafo italiano. No ano 1901 fundou en Roma o Istituto Geografico De Agostini, que dende 1904 publica o Calendario Atlante De Agostini. En 1908 trasladou o instituto a Novara. A raíz do éxito dos seus produtos cartográficos na exposición internacional de Turín en 1919, o grupo De Agostini converteuse no principal consorcio editorial italiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Cunha enorme axilidade vocal, destacou como prima donna e como intérprete de óperas de Mozart, Jommelli e mais de Gluk.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador de cine norteamericano. Denunciou, cos seus documentais de montaxe, diversos aspectos da política do seu país, como o maccarthismo, a Guerra de Vietnam, o ex-presidente Nixon ou o FBI.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Catedrático de Historia Moderna na facultade de Filosofía e Letras da Universidad de Córdoba. Entre as súas publicacións cómpre salientar Ideologías y opciones políticas a través de la prensa a finales del s XIX (1982), El poder municipal y la organización política de la sociedad: algunas lecciones del pasado (1998) e A historia de Galicia vista por Alfredo Brañas (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Deseñador e construtor de avións inglés. Iniciou o seu traballo na industria do automóbil, ata que en 1908 deseñou o seu primeiro enxeño voador, un aeroplano cun motor de 50 HP de potencia, que construíu e pilotou en 1910. En 1920 fundou a compañía De Havilland Aircraft, dedicada á construción de avións. Durante a Segunda Guerra Mundial creou o bimotor Mosquito. Ademais, foi un dos primeiros construtores de avións a reacción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica norteamericana. Estudiou interpretación e traballou en distintos espectáculos coa Community Players of Saratoga. Converteuse nunha estrela a mediados da década dos trinta cando comezou a traballar para os estudios Warner. Acadou unha gran popularidade artística ao formar parella con Errol Flynn en películas de aventuras, como The Charge of the Light Brigade (A carga da brigada lixeira, 1936); The Adventures of Robin Hood (As aventuras de Robin Hood, 1938); Dodge City (1939); Santa Fe Trail (Camiño de Santa Fe, 1940); ou They Died Whith Their Boots On (Morreron coas botas postas, 1941). Outros traballos da súa carreira son: Gone Whith the Wind (Foise co vento, 1939); Hold Back the Dawn (Se non amencese, 1941), co que gañou o seu primeiro Oscar; To Each His Own (A vida íntima de Julia Norris, 1946); The Snake Pit (Niño de víboras, 1948); The Heiress (A herdeira, 1949), co que acadou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra fundamental de Andrés Vesalio publicada en Basilea en 1543, que constituíu o primeiro tratado científico de anatomía humana e no que se expresa que a anatomía ten que considerarse a base da medicina. Estableceu unha crítica aberta ás concepcións, procedementos e erros de Galeno, feito que supuxo a destrución da visión medieval do home. A obra está dividida en sete libros: no libro I describe os ósos, as cartilaxes e as articulacións; no libro II, os músculos e os ligamentos; no libro III, o aparato circulatorio; no libro IV, o sistema nervioso periférico; no libro V, os órganos abdominais e xenitais; no libro VI, os órganos da cavidade torácica, entre os que están o corazón e os pulmóns; e no libro VII, o cerebro. Cada libro conta cunha serie de ilustracións nas que se observa a coordinación lograda entre as descricións do anatomista e a representación gráfica das preparacións confiadas ao gravador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, unha banda de ouro, cargada do Ave María, engulida en bocas de dragante, de sinople.
-
PERSOEIRO
Sindicalista e dirixente socialista. Marchou a Nova York en 1872 e doutorouse en Ciencias Politicas pola Universidade de Columbia (1878), na que obtivo unha cátedra. No 1887 ingresou nos Knights of Labor, a principal organización obreira dos EE UU, e dende o comezo destacou como orador e publicista. En 1890 abandonou a súa carreira académica e ingresou no Socialist Labor Party (Partido Socialista Laborista, SLP). Neste partido ocupouse inicialmente do diario The Daily People, pero pronto accedeu a unha posición de liderado, cargo que exerceu de xeito autoritario ao tempo que defendeu unha orientación marxista. Os membros descontentos coa súa actuación abandonaron o partido e integráronse no Social Democratic Party de Eugene Debs. No 1905 uniuse con Debs e outros líderes obreiros en Chicago para constituír unha nova central sindical, a Industrial Workers of the World (Traballadores da Industria do Mundo, IWW), coa esperanza de que se convertese nun vehículo da loita de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano. Integrouse na industria do cine con películas fantásticas como Carrie (1976) e The Fury (A furia, 1978); con películas inspiradas na obra de Afred Hitchock como Dressed to kill (Vestida para matar, 1980) e Body Double (Dobre corpo, 1984); e con películas de carácter cinéfilo como Home Movies (Películas de casa, 1979) e Blow Out (Impacto, 1981). Participou noutras películas como produtor e como guionista. Tamén dirixiu The Untouchables (Os intocables, 1987); a adaptación da novela de Tom Wolf, The Bonfire of Vanities (A fogueira das vaidades, 1990); Raising Cain (En nome de Caín, 1992); Mission Impossible (Misión imposible, 1996); Snake Eyes (Ollos de serpe, 1998); ou Mission to Mars (Misión a Marte, 2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico norteamericano. Estudiou interpretación na Wilfred Academy of Hair and Beauty Cultura e iniciouse no cine con pequenos papeis, como o que protagonizou na película One Flew Over the Cuckoo’s Nest (Alguén voou sobre o niño do cuco, 1975). Outros traballos seus como actor son: Romancing the Stone (Tralo corazón verde, 1984); The Jewel of the Nile (A xoia do Nilo, 1985); Throw Momma From the Train (Guinda a mamá do tren, 1987), da que tamén é o director; The War of the Roses (A guerra dos Rose, 1989), película que tamén dirixiu; Batman’s Returns (Batman volve, 1992); Matilda (1995), outra das súas producións; ou Heist (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Pantón. De estilo románico, sufriu diversas reformas nos ss XVI e XIX. Foi doazón de frei Pedro Velasco, abade de Santo Estevo de Ribas de Sil, ao bispo don Miguel e ao seu cabido, segundo as escrituras medievais de 1251 localizadas na catedral de Lugo. Ten planta rectangular e cuberta a dúas augas. No lado S sitúase a capela funeraria dos señores de Maside, cun retablo barroco (s XVIII) de tres fornelas e frontón partido, onde destacan a escultura de santa Ana coa Virxe e o Neno no seu costal dereito, obra de Joaquín Cortiñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dignatario eclesiástico, inmediatamente inferior ao bispo, que preside o cabido das catedrais e colexiatas.