"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

    1. Invasión levada a cabo polos franceses en España en 1808.

    2. Dito ou feito propio dos franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Doutor en Arquitectura, especializouse en urbanismo. Foi profesor na Escola Superior de Arquitectura da Coruña e administrador único de Arqdis, SL. Colaborador do Boletín Académico da ETSA da Coruña, Obradoiro e Revista da Comisión Galega do V Centenario, escribiu Los orígenes de Compostela (1987), Fragmentos renacentistas (1997) e Voces de la ciudad (1998). Foi finalista do Premio de Periodismo Arquitectónico e do Premio Planeta 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Catedrático da Escola Superior de Arquitectura da Coruña, da que foi director (1975-1986). Doutor en Arquitectura, especializouse en urbanismo e restauración de monumentos. Entre as súas obras destacan o Casino da Coruña (1982), o edificio de servicios múltiples da Radio Televisión de Galicia (1990) e o pavillón de Galicia na Exposición Universal de Sevilla (1992). Colaborador no Boletín Académico da ETSA da Coruña, Abrente e Obradoiro, foi autor de As catedrais de Galicia: descrición gráfica (1999) e A Arquitectura do Camiño de Santiago: descrición gráfica do Camiño Francés en Galicia (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • faragullada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de frear.

    2. Acción de frear un sistema mecánico en movemento por transformación, parcial ou total, da enerxía cinética noutro tipo de enerxía, xeralmente calorífica, que se poida eliminar ou, nalgúns casos, almacenar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de disparar unha frecha.

    2. Ferida causada cunha frecha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cousas fritidas.

    2. Guiso de carne con salsa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de alimentos fritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao S da capital (163.567 h [1996]). É unha cidade dormitorio e un centro industrial (automóbil, alimentación, metal, mobles e artes gráficas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no sector de levante da provincia, no límite con Ciudad Real (2.103 h [1996]). Destaca a agricultura de secaño (oliveiras e cereais) e o armentío ovino. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa da Asunción, a ermida de Santa Ana e o Pingote de Santa Ana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada na Coruña a partir do 2 de febreiro de 1882. Cesou a súa edición probablemente o 26 de xullo de 1888. Os responsables da revista foron Anxo Vázquez Taboada e Carlos Pol. Subtitulouse “Semanario de intereses morás e materiás, noticias e anuncios” e incluíu numerosas composicións en galego de destacados escritores, como Curros Enríquez ou Basilio Losada, e relatos en prosa. Puido continuar a súa edición en Betanzos co subtítulo de “Cencerrada semanal. Pr’os xueves d’o ano todo”. Atacou o periódico conservador e católico Las Mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fume que se aspira dunha vez ao fumar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada polo Concello da Estrada no 1994 coa intención de apoiar unha serie de iniciativas culturais e facilitar a súa consolidación e espallamento. Entre as actividades que promove destacan Radio Estrada, o Museo Manuel Reimóndez Portela, a Coral Polifonica da Estrada, o Grupo de Baile e Música Tradicional Tequexeteldere e o Grupo de Teatro Os Tirinautas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da costa cantábrica, no litoral da parroquia de Lieiro, no concello de Cervo, situada ao O da praia de Limosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista anual da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) que naceu en 1987, a raíz do auxe que adquiriu en Galicia a exploración de covas. Dirixida por Enrique de Arce Temes, inclúe traballos que abranguen todas as temáticas do estudo e a exploración das covas, elaborados por espeleólogos galegos especialistas en campos tan diversos como a bioloxía, a arqueoloxía, a paleontoloxía, a xeoloxía, a mineraloxía, a hidroloxía, a topografía e a fotografía. Distribúese por sociedades espeleolóxicas de todo o mundo, polo que cada artigo está encabezado por un resumo do contido en galego, castelán, inglés, francés e alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da costa cantábrica, no litoral da parroquia de Sargadelos, no concello de Cervo, situada ao S da praia dos Castros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de fío enrolado sobre un fuso ou unha canela. O enrolamento adoita ter unha parte central cilíndrica e os extremos cónicos. Nas fusadas feitas á man o perfil adoita ser unha curva alongada continua.

    2. Mecanismo empregado nos cronómetros da mariña e nas antigos reloxos de peto para compensar a perda de tensión que experimenta o resorte ao desenrolarse. Consiste nun cono que leva enrolado o extremo dunha cadea ou cinta na súa superficie, o outro extremo vai enrolado ao tambor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de fustrigar.

    2. Pena corporal consistente en azoutar o reo. Aplicouse no dereito penal romano e incorporouse, ata o s XIX, ás ordenanzas militares da maioría dos países.

    VER O DETALLE DO TERMO