Fuenlabrada de los Montes

Fuenlabrada de los Montes

Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no sector de levante da provincia, no límite con Ciudad Real (2.103 h [1996]). Destaca a agricultura de secaño (oliveiras e cereais) e o armentío ovino. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa da Asunción, a ermida de Santa Ana e o Pingote de Santa Ana.