"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo de educación que reciben conxunta e indistintamente alumnos de ambos os dous sexos nunha institución educativa. Unha expresión máis ampla do concepto reflicte un modelo educativo que non remata nos centros de ensino, senón que se estende a outros estamentos. Aínda que con frecuencia ao ensino en común (clases mixtas) tamén se lle aplica esta denominación, o certo é que neses casos habería que falar de “coinstrución” porque a coeducación comporta, ademais da convivencia, unha orientación de tipo educativo na que as diferencias sexuais se consideran factores estruturais da educación e remite á expresión dun programa pedagóxico que pretende un cambio na distribución tradicional dos papeis entre homes e mulleres. De aí que sempre resulte máis doado educar por separado que coeducar, porque a coeducación supón unha responsabilidade engadida para o centro escolar e, sobre todo, para os profesores, na medida en que implica facerse cargo de alumnos e alumnas en réxime de igualdade e convivencia...
-
-
Acción e efecto de obrigar a alguén a dicir ou facer algunha cousa.
-
Forza constritiva que actúa sobre o conxunto ou parte da sociedade para obrigala a actuar dunha maneira determinada. Esta forma de control social emprégaa o Estado, a través da policía e do exército, e é esencial en certos procesos de integración social xeral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Evolución simultánea de dous grupos de organismos que se inflúen reciprocamente e que se adaptan progresivamente uns aos outros, como por exemplo as anxiospermas de polinización por insectos e os propios insectos. Tamén se coñece como evolución concertada.
-
-
Parentesco de consanguinidade por liña feminina.
-
Calquera tipo de parentesco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao parentesco de cognación.
-
-
Acción e efecto de coñecer.
-
Facultade de coñecer.
-
Coñecemento xudicial dun asunto, necesario para resolvelo.
-
Xuízo declarativo ordinario, atribuído á competencia dos xuíces de primeira instancia, no que se tramitan os asuntos dunha determinada contía económica que non teñen sinalada unha tramitación especial. Segundo a lexislación procesal española, é un proceso equivalente a un intermedio entre o xuízo verbal e o de menor contía.
-
-
-
Acción de cohabitar.
-
Obriga xurídica nacida da natureza do matrimonio e que se constitúe sobre o feito de que os dous membros da parella vivan nunha mesma casa e nun mesmo leito. A imposibilidade de cohabitar produce unha presunción contra a paternidade.
-
Situación na que formacións políticas de tendencias opostas comparten distintas instancias do poder.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cohibir ou cohibirse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cohobar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cohonestar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista trimestral que se editou a partir de marzo de 1991 en Vigo. Trátase dunha publicación bilingüe que dirixiu José Piñeiro González. Entre os colaboradores figuraban Mª Carmen Avendaño, Lalo Vázquez, Pedro Sieiro, José Domingo, Delfín Fernández, Pascual Madoz e Tito Giráldez. Tratou diversos temas (educación, ecoloxía, problemas da droga, servicios de interese cidadán, etc). Incluía tamén un cómic de Nelly Pérez.
-
-
Acción e efecto de colaborar. Ex: A policía contou coa colaboración de moitos cidadáns.
-
Traballo ou parte del realizado por un colaborador. Ex: As festas contaron coa colaboración do grupo musical.
-
Escrito realizado por un colaborador nun xornal ou revista. Ex: Mandou unha colaboración para que lla publicasen en A Trabe de Ouro.
-
Pequenas figuras humanas e de animais presentes nun cadro, que completan a composición. No s XVII os pintores flamengos empregaron axudantes para pintalas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude ideolóxica e práctica de quen, nun país sometido a un réxime de ocupación, propugna e segue unha política de entendemento e colaboración co invasor. O termo refírese, sobre todo, á actitude mantida nalgúns países ocupados por Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial, como foron Iugoslavia, Noruega e, fundamentalmente, Francia, tanto dende a intelectualidade (Rasemblement National Populaire) como na participación en milicias (Milicie Française).
-
-
Relativo ou pertencente ao colaboracionismo.
-
Que participa ou propugna o colaboracionismo. Ex: Foi un destacado colaboracionista na Francia ocupada.
-
Partidario do colaboracionismo. Ex: Ao rematar a guerra tomáronse duras represalias contra os colaboracionistas.
-
-
-
-
Acto de conferir un título, un privilexio, un grao universitario, etc.
-
Acto xurídico polo que a autoridade eclesiástica confía un oficio ou outorga un beneficio a unha persoa capacitada.
-
-
-
Refección que se acostuma tomar polas noites os días de xaxún.
-
Refrixerio co que se obsequia a un convidado, composto xeralmente de doces.
-
Comida lixeira.
-
-
Conversa ou conferencia sobre cousas espirituais que tiña lugar nas vixilias, xeralmente despois dunha comida lixeira, nos antigos mosteiros. Estas conversas ou conferencias recompilábanse en libros.
-
collatio codicum.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é susceptible de ser sometido a colación.
-
-
Facer a colación dun beneficio eclesiástico.
-
Comparar unha cousa con outra.
-
-
-
-
Conxunto de cousas dunha mesma clase reunidas atendendo a diferentes criterios. Ex: O seu pai tiña unha colección de bolígrafos moi importante.
-
Conxunto de distintas obras do mesmo xénero literario que constitúen un grupo coherente. Ex: A colección de epístolas de Cicerón editouse o ano pasado.
-
Colección de modelos que presenta xuntos un deseñador.
-
-
Conxunto de moitas cousas. Ex: A colección de agravios medrou co tempo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada por Manuel Lourenzo e Francisco Pillado en 1981. No curto tempo de existencia desta iniciativa (1981-1985) publicáronse tres títulos: Edén e outros paraísos, de Manuel Lourenzo (1981); Catro pezas: O oso, Petición de man, A boda, O aniversario, de Čekhov (1982); e O rei aborrecido, de Xesús Pisón (1984).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie documental publicada entre 1842 e 1895, que consta de 113 volumes, máis dous índices aparecidos en 1930-1931. Foi dirixida por Martín Fernández de Navarrete, Miguel Salvá e Pedro Sáinz de Baranda e, posteriormente, por José Sancho Rayón, Francisco de Zabálburu e o marqués de Fuensanta del Valle. En xeral, ofrece numerosos documentos dos ss XVI e XVII.