cognición

cognición

(

  1. s f [FILOS]

    Acción e efecto de coñecer.

  2. s f [FILOS]

    Facultade de coñecer.

  3. s f [DER]

    Coñecemento xudicial dun asunto, necesario para resolvelo.

  4. xuízo de cognición/proceso de cognición [DER]

    Xuízo declarativo ordinario, atribuído á competencia dos xuíces de primeira instancia, no que se tramitan os asuntos dunha determinada contía económica que non teñen sinalada unha tramitación especial. Segundo a lexislación procesal española, é un proceso equivalente a un intermedio entre o xuízo verbal e o de menor contía.

Palabras veciñas

cognación | cognado -da | cognaticio -cia | cognición | cognitio* | cognitivo -va | cognome