"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

    1. Sufrir fermentación unha substancia.

    2. Producir a fermentación dunha substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a propiedade da fermentación.

    2. Que está producido pola fermentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia orgánica capaz de producir a fermentación.

    2. Anaco de masa de fariña fermentada que se emprega para levedar o pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fragmento do pan eucarístico que o papa enviaba cada domingo aos presbíteros de Roma en sinal de unidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de lonxitude que se emprega en física nuclear e que equivale 10-15 m. O Sistema Internacional de unidades non admite o seu uso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático. Estudiou na Universidade de Pisa, onde se doutorou en Física en 1922. Ampliou os seus estudios en Göttingen, onde foi alumno de Max Born. Foi profesor nas universidades de Florencia (1924-1926) e Roma (1927-1938); logo trasladouse aos EE UU. Profesor de física na Universidade de Columbia (1939-1942) e na de Chicago (1946-1954), colaborou nos primeiros ensaios e investigacións da bomba nuclear, centro do proxecto Manhattan. Cos seus colaboradores bombardeou con neutróns lentos 60 elementos e logrou a transformación de 40, co que obtivo 40 novos isótopos. Foi o creador da pila atómica e do primeiro reactor nuclear (1942), e investigou a teoría dos espectros e a formación dos raios cósmicos. Foi membro da Real Academia Italiana (1929) e da Royal Society de Londres (1950). Recibiu en 1938 o Premio Nobel de Física polo seus traballos sobre radioactividade artificial producida por neutróns e polo descubrimento das reaccións nucleares causadas por neutróns lentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gas constituído por partículas de spin semiimpar que completa a estatística de Fermi-Dirac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnitude equivalente ao cadrado da distancia percorrida por un neutrón para que a súa enerxía se reduza á metade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de partículas idénticas e interaccionantes sometidas ao principio de exclusión de Pauli. O mesmo sistema, sen embargo, cando as partículas non interaccionan, denomínase gas de Fermi. A teoría do líquido de Fermi débese ao físico soviético L. Landau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alor da posición enerxética na que un estado de enerxía ten unha probabilidade dun 50% de ser ocupada por fermións. É tamén o máximo valor enerxético posible dos fermións no cero absoluto de temperatura. No caso dos electróns dun sólido, que son fermións, dise que o sólido é un metal se o nivel de Fermi no cero absoluto de temperatura está situado nunha banda permitida de enerxía; se se sitúa na banda prohibida de enerxía, dise que o sólido é un semicondutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distribución enerxética nun sistema de fermións. A distribución de Fermi-Dirac representa a probabilidade que un determinado nivel de enerxía do sistema estea ocupado polos fermións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estatística que rexe a distribución dun conxunto de fermións en función dos posibles valores da enerxía e das posicións. Ten en conta as regras cuánticas e o principio de exclusión de Pauli. Cando un conxunto de partículas se rexe pola estatística de Fermi-Dirac, a súa función de onda total é antisimétrica respecto ao intercambio de dúas das partículas; é dicir, que cambia de signo baixo o intercambio das dúas partículas. A función de distribución é a distribución de Fermi-Dirac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibía na Francia do Antigo Réxime o recadador de impostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico transuránico que pertence á serie dos actínidos e que non está presente na natureza. De número atómico 100, masa atómica do isótopo menos inestable 257 e configuración electrónica [Rn]5f127s2, coñécense doce isótopos, todos radioactivos. O primeiro isótopo que se illou, o 255Fm, obtívoo A. Ghiorso en 1952 dos residuos da explosión dunha bomba de hidróxeno. Obtivéronse outros por bombardeo de elementos pesados con ións de helio, berilio, carbono ou osíxeno, acelerados en ciclotróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partícula que obedece á estatística de Fermi-Dirac. Son fermións as partículas elementais ou compostos que teñen spin semiimpar, como os leptóns e os barións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos fermións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, situado na confluencia dos ríos Tormes e Duero (1.782 h [1996]). Nos últimos anos desenvolveuse unha importante actividade agrícola baseada no cultivo de froiteiras e cereais. Declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1974, do seu patrimonio cultural destacan o castro de El Castillo, a igrexa de Nuestra Señora de la Asunción e os restos do castelo de dona Urraca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, unha cruz de ouro, recrucetada e cargada dun corazón, de goles, pingando sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, músico e dramaturgo. Coñecido como Juan del Encina, estudiou en Salamanca, pertenceu ao coro da catedral e estivo ao servizo do duque de Alba. En Roma estivo ao servizo dos papas Alexandre VI, Xulio II e León X, e en 1519 ordenouse sacerdote e peregrinou a Xerusalén. A súa obra poética (Cancionero, 1496) reúne composicións de xuventude, de ton popular, e van encabezadas por unha Arte de la poesía castellana, que contén algúns indicios da preceptiva renacentista. Considerado o pai da literatura dramática española, a súa obra supuxo a transición entre o teatro litúrxico medieval e o renacentista. Autor de églogas e composicións dramáticas dialógadas onde se cantaba a vida idealizada do campo, recolle moi diversas temáticas, desde a paixón de Cristo, como na Representación á la santísima resurrección de Cristo (1494), ata os temas profanos, como o Auto del Repelón (1496) ou Égloga de Carnaval y Antruejo (1496), sen esquecer aquelas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de goles, un besante de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO