Fermi-Dirac, estatística de
Fermi-Dirac, estatística de
[FÍS/MAT]
Estatística que rexe a distribución dun conxunto de fermións en función dos posibles valores da enerxía e das posicións. Ten en conta as regras cuánticas e o principio de exclusión de Pauli. Cando un conxunto de partículas se rexe pola estatística de Fermi-Dirac, a súa función de onda total é antisimétrica respecto ao intercambio de dúas das partículas; é dicir, que cambia de signo baixo o intercambio das dúas partículas. A función de distribución é a distribución de Fermi-Dirac.