"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
GALICIA
Concello da Terra de Trives, situado na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Castro Caldelas (comarca de Terra de Caldelas) e San Xoan de Río, ao L cos da Pobra de Trives e Manzaneda (Terra de Trives) ao S cos de Vilariño de Conso (Viana) e Laza (Verín), e ao O co de Montederramo (Terra de Caldelas). Abrangue unha superficie de 171,8 km 2 cunha poboación de 719 h (2007), distribuídos nas parroquias de Cadeliña, O Candedo, Casteligo, Casteloais, Celeiro, Chandrexa, Chaveán, Drados, Fitoiro, Fonteita, Forcadas, Parada Seca, Parafita, Queixa, Rabal, Requeixo, San Cristovo e Vilar. A capital municipal é o Lugar de Celeiros, na parroquia homónima, situada a 42° 18’ de latitude N e 7° 23’ de lonxitude O, 172 km ao SL de Santiago de Compostela e 67 km ao L de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Pobra de Trives, á provincia de Ourense e ás dioceses de Astorga e Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O termo... -
ENCORO
Encoro sobre a cabeceira do río Navea, afluente do Bibei, provocado pola presa situada no límite entre as parroquias de Casteloais e Celeiros. Formado na confluencia dos regos de San Fiz e de Queixa co río Grande, baña ademais das parroquias xa citadas, as de Chandrexa, Vilar e O Candedo. A presa construíuse en 1953 e a súa finalidade é fundamentalmente o aproveitamento hidroeléctrico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Facer ruído co calzado ao andar.
-
-
Que fai ruído cando camiña.
-
Persoa que fai chancas ou zocos.
-
-
Medida de capacidade para líquidos, especialmente para viños, que equivale a un cuartillo.
-
Vaso ou cunca de viño.
-
-
-
GALICIA
Escritor e presbítero. Doutor en Filosofía e Letras, exerceu tamén como colaborador de prensa. Publicou, entre outras obras, Curso de lengua portuguesa (1936), Curso elemental de lengua latina (1941), Cien frases ante la muerte (1945) e Pastor Díaz dentro del Romanticismo (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e financeiro. Elixido deputado polo distrito de Noia co apoio da familia Gasset (1914), foi ministro de Traballo no goberno de García Prieto (1922). Durante o Bienio Negro, na crise do goberno de Lerroux por mor do asunto do estraperlo, Alcalá Zamora encargoulle a formación dun novo goberno no que colaboraron a CEDA, os radicais, os agraristas e a Lliga Catalana. Ademais da presidencia do consello, reservouse a carteira de Finanzas. Foi ministro de Facenda no goberno de Portela Valladares, en febreiro de 1936, e deputado pola Fronte Popular en 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de vestir masculina semellante á levita que, a partir da cintura, se abre cara a atrás formando dous faldróns que se van estreitando ata terminar en cola. OBS: Adoita levarse en cerimonias solemnes cun pantalón de listas.
-
-
Relativo ou pertencente á rexión do Chaco.
-
Natural ou habitante da rexión do Chaco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de vestir exterior e con mangas que cobre a parte superior do corpo ata un pouco máis abaixo da cintura e que se pon por riba da camisa ou do traxe. Na indumentaria feminina tradicional é unha prenda de gala e ao mesmo tempo de abrigo, adornada con pasamanería ou brocado. No traxe masculino é unha peza tanto de gala coma de diario; a de diario pode estar feita de diferentes tecidos e adoita ser curta e adornada con remontas, e a de gala está confeccionada cun pano máis fino e ten adornos de cores distintas con deseños xeométricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que cambia de ideas segundo lle convén.
-
-
Peza de vestir, un pouco máis longa ca a chaqueta, que se usa por riba da demais roupa para abrigarse.
-
raposo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Botar chispas un corpo en combustión.
-
PERSOEIRO
Nobre francés. Co triunfo da Revolución de 1789 tivo que exiliarse; primeiro foi acollido polo conde de Fernán Núñez e logo Ventura Caro levouno a Santiago de Compostela. Nesta cidade permaneceu en compañía da súa esposa, fillos e criados ata 1795, ano no que marcharon a Inglaterra por mor do Tratado de Basilea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Foi o primeiro en utilizar o hidróxeno nos aeróstatos. Preparou cos irmáns Robert un globo propulsado por hidróxeno que se elevou nas Tullerías en agosto do 1783. Máis tarde, xunto con N. L. Robert, efectuou a segunda ascensión tripulada, e en 1785 ingresou na Académie des Sciences. En 1787 descubriu a relación entre a temperatura e o volume dun gas, pero non publicou os resultados, e en 1802 Gay-Lussac formulou esta lei (que leva o seu nome) de forma independente. Inventou diversos instrumentos ópticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
charco.
-
-
Aplícase ao terreo con moitos charcos.
-
Aplícase ao terreo que recibe pouco sol, húmido e frío.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Danza ternaria, semellante á valsa, con acompañamento instrumental, na que son os mesmos danzantes quen cantan as coplas. Constitúe unha das formas de síntese xenericamente coñecidas como bailes do agarradiño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación que recibían en Perú, México, Ecuador, Arxentina e noutros países americanos os primitivos indios que realizaban o servizo de correo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ruído que produce unha cousa ao estalar.