chaqueta
chaqueta
(< fr jaquette)
s
f
Peza de vestir exterior e con mangas que cobre a parte superior do corpo ata un pouco máis abaixo da cintura e que se pon por riba da camisa ou do traxe. Na indumentaria feminina tradicional é unha prenda de gala e ao mesmo tempo de abrigo, adornada con pasamanería ou brocado. No traxe masculino é unha peza tanto de gala coma de diario; a de diario pode estar feita de diferentes tecidos e adoita ser curta e adornada con remontas, e a de gala está confeccionada cun pano máis fino e ten adornos de cores distintas con deseños xeométricos.
Ex: Cómpre pór a chaqueta agora que vai máis frío.
Confrontacións
casaca, chaquetónCitas
- Cómpre pór a chaqueta agora que vai máis frío.
Frases feitas
-
Virar a/de chaqueta. Cambiar unha persoa de opinión ou ideoloxía.