"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Morea de toxo cortado e agrupado, listo para ser transportado.
-
CIDADES
Cidade de Eslovenia (4.800 h [estim 1980]). Destaca polas súas grutas de estalactitas, das meirandes do mundo, coñecidas desde 1213. A gruta principal ten 4.300 m de longo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que na estrutura secuencial dunha palabra ocupa unha posición inmediatamente posterior á tónica. Por exemplo, -di- é unha sílaba postónica de metódica e e é unha vogal postónica de áspero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao período que segue a unha intervención cirúrxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen oferta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbas perennes, da familia das potamoxetonáceas, acuáticas, mergulladas ou flotantes, que teñen follas alternas, simples, en forma de cintas, con lígulas estipulares, de flores regulares, tetrámeras, hermafroditas, anemófilas, reunidas en espigas terminais, e de froitos en drupa. Comprende preto de 100 especies dulcícolas, algunhas delas cosmopolitas. En Galicia están presentes as especies P. natans, P. polygonifolius e P. perfoliatus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plancto das augas correntes desprazado por un fluxo turbulento.
-
-
Relativo ou pertencente ás potamoxetonáceas.
-
Planta da familia das potamoxetonáceas.
-
Familia de plantas, da orde das naiádais, constituída por plantas herbáceas acuáticas, mergulladas ou flotantes, de follas simples, flores pequenas, verdosas, unisexuais ou hermafroditas, aclamídeas ou cun periantio de orixe estaminal, reunidas en espigas ou en espádices, e froitos normalmente en núcula ou en drupa. Comprende unhas 120 especies, de auga doce e salgada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre polaca. Stanis é aw Rewera (1579-1667), grande atamán da coroa polaca, destacou polas súas vitorias contra os turcos, os tártaros, os rusos (Cudnów, 1660) e os suecos. Ignacy Rewera (Radzyn 1750-Viena 1809) foi gran mariscal de Lituania e autor da Constitución de 1791, e participou na insurrección de Tadeusz Kosciuśzko (1794). O seu irmán Stanis é aw Kostka Rewera (1752-1821) foi coautor da Constitución de 1791, ministro de Instrución Pública e de Cultos de Polonia ata 1820. Stanis é aw Szczesny Feliks Rewera (1752-1805), foi paladín de Rusia, lugartenente xeral (1784) e xeneral de artillaría (1789).
-
PERSOEIRO
Poeta polaco. Escribiu máis de 300.000 versos de estilo popular. O seu poema máis destacado é Wojna chocimska (A guerra de Chocim).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río do NL de EE UU, que separa os estados de Virginia e Maryland (640 km de lonxitude). Nace ao SL de Cumberland pola unión do North e South Potomac, e desemboca na baía atlántica de Chesapeake.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Impulso morboso que leva a algunhas persoas a beber un líquido calquera en grande abundancia.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Potosí, Bolivia (133.268 h [2001]). Situada a 4.144 m de altitude, é unha das cidades máis elevadas do mundo e famosa polas súas minas de prata. Fundada en 1544 a raíz do descubrimento de prata, a cidade medrou rapidamente grazas a un elevado crecemento demográfico. Vila imperial (1547) e centro universitario (1571), o esgotamento das vetas de prata na segunda metade do s XVII provocou a súa decadencia definitiva. O estilo barroco introduciuse no s XVII e deu lugar ás igrexas de San Agustín, Santa Teresa e Las Mercedes. A cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Bolivia (118.218 km2; 709.013 h [2001]). A súa capital é Potosí.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primate prosimio da infraorde dos lorisídeos, duns 35 cm de longo, sen a cola, que chega a 5-10 cm; de corpo macizo, pelaxe terrosa agrisada ou terrosa avermellada escura, vértebras cervicais con apófises espiñosas moi desenvolvidas, e cabeza arredondada cos ollos grandes e o fociño algo saínte. Nocturno e insectívoro, nútrese tamén de pequenos vertebrados. Habita nas selvas da África ecuatorial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produto vectorial entre a intensidade do campo eléctrico E e a intensidade do campo magnético H. O seu símbolo é S. Representa a cantidade de enerxía do campo electromagnético que atravesa a unidade de superficie por unidade de tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto da radiación solar que orixina a caída de pequenas partículas que o envolven en órbitas menores, e por medio dunha caída en espiral, son dirixidas cara ao centro do Sol.
-
MONTES
Monte situado entre os concellos de Baiona, Oia e Tomiño. O seu cumio acada os 606 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Profesor emérito da Universidad Politécnica de Madrid, realizou numerosos pontes e viadutos. Das súas obras destacan as pontes e viadutos da autoestrada Villalba-Villacastín-Adanero, a ponte sobre a ría de Cubas en Santander, os viadutos sobre o Ril en La Fuente del Azufre; a ponte de Rande e os seus accesos na ría de Vigo, e a ponte da Barqueta para a Expo’92 en Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO