"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Historiador inglés. Doutor en Historia pola University of Oxford, catedrático de Historia Contemporánea e director do Cañada Blanch Center for Contemporany Spanish Studies. Especialista en historia contemporánea de España, escribiu, entre outras obras, The Spanish Civil War 1936-39 (1986), Franco: a biography (1993), A Concise History of the Spanish Civil War (1996), Las tres Españas del 36 (1998), Flying for Franco (2001) e Juan Carlos: a people’s king (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se supón ou se sospeita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de presupoñer ou presupor.

    2. Suposto previo.

    3. orzamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación xenérica do tempo verbal que, respecto ao presente de quen fala, expresa acción pasada, sen precisar o aspecto de duración ou de acabamento.

    2. pretérito de subxuntivo [port: pretérito imperfeito do conjuntivo]

      Tempo modalmente marcado -dependente dun referente pasado (Non se podía dicir que vivise mal), presente (Non creo que chegase) ou futuro (Cando o vexas, fai coma se non o coñeceses)- que indica unha acción que se produce simultánea ou posteriormente a outra (Díxolle que fose antes das tres). A forma de pospretérito (andara) funciona no galego falado e na lingua literaria como pretérito de subxuntivo. Pode, polo tanto, substituír a forma andase en todos os contextos en que esta apareza, sen que se perciba ningún cambio de significado. Morfoloxicamente o pretérito de subxuntivo presenta como característica, nos verbos regulares, o sufixo modo temporal /se/ para as tres conxugacións (and-á-se-mos, varr-é-se-mos, part-í-se-mos).

    3. pretérito perfecto/pretérito indicativo

      Tempo real en canto ao modo que expresa unha acción desenvolvida nun momento pasado (Celebraron o aniversario o sábado, O pintor Reimundo Patiño naceu en 1936). Tamén pode expresar unha acción anterior a un momento futuro (Cando chegue o sábado xa rematei o traballo) ou un momento anterior a outro pasado (Despois de moitos anos vino en Chantada e xa non o volvín ver máis). Pode empregarse metaforicamente para referirse a un feito inminente, presentado como se xa ocorrese (Xa te vin na feira!). Morfoloxicamente o pretérito indicativo presenta como característica, nos verbos regulares, a ausencia de sufixo modo temporal /º/ (and-a-º-mos, varr-e-º-mos, part-i-º-mos); a vogal temática é /e/ para a P1 (and-e-º-i) e /o/ para a P3 da CI (and-o-º-u); /i/ para a P1 de CII e CIII (varr-í-º-n, part-í-º-n),...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Razón que se dá para ocultar a verdade.

    2. Aquilo que leva a alguén a facer algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está apertado ou tupido.

    2. 2 cerca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que na estrutura secuencial dunha palabra ocupa unha posición inmediatamente anterior á tónica. Por exemplo, -me- é unha sílaba pretónica de metódica e e é a vogal pretónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maxistrado supremo da República romana. Como tal, o termo aplicouse tamén aos comandantes da lexión, denominados posteriormente cónsules. O título pasou tamén a denominar o maxistrado encargado da xurisdición civil da cidade. Coa creación de novas provincias, e despois de sucesivas reformas e variacións, o número de pretores superou a cifra de oito membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital administrativa e sede do goberno da República Sudafricana (525.583 h [1991]). Situada ás beiras do río Apies, nas súas proximidades atópase un xacemento de diamantes e ferro. Posúe o maior complexo siderúrxico do país, aínda que tamén destacan outras industrias como a mecánica, a de maquinaria, a química e a de cemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao pretor ou ao pretorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Influencia do exército sobre o estado. O corpo dos pretorianos romanos interveu decisivamente en diversas ocasións no desenvolvemento da historia do imperio. Entre os seus actos cóntase o asasinato de Calígula e o nomeamento de emperadores como Claudio e Otón.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao pretor.

      2. dereito pretoriano

        Parte do ius honorarium (dereito honorario) creado polos maxistrados que estaba formado polos editos pretorianos outorgados para corrixir ou ampliar o ius civilis (dereito civil).

      3. edicto pretoriano

        Edito que promulgaba o pretor ao acceder ao seu cargo no que indicaba as normas que ía seguir no seu goberno.

      4. familia pretoriana

        Familia que tivo un pretor entre os seus membros.

      5. porta pretoriana

        Porta que nos campamentos romanos se situaba ao inicio da vía pretoriana.

      6. provincia pretoriana

        Provincia romana gobernada por un pretor.

      7. vía pretoriana

        ía principal do campamento romano que se cruzaba coa quinta e que o dividía en catro partes. Estendíase desde a porta pretoriana ata a decumana.

    1. Que ou quen formaba parte do corpo de garda do comandante do exército romano e, posteriormente, da garda persoal dos emperadores romanos, baixo o nome de garda pretoriana.

    2. Que ou quen pertence ao corpo de garda dun persoeiro importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tenda do pretor no campamento romano.

    2. Palacio onde habitaban e xulgaban as causas os pretores romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político sudafricano. Fundou a República de Natal, despois de aniquilar os zulús na Batalla de Blood River (1838). Anexionado este estado por Reino Unido, fracasou no seu intento de independizar Orange (1848), pero conseguiu facelo co Transvaal (1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento ou institución sanitaria para prever certas enfermidades, especialmente a tuberculose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de prever.

    2. Que está planeado.

    3. Que se coñece con antelación o que vai acontecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Coñecido como Prévost d’Exiles, foi novizo dos xesuítas e monxe beneditino, ata que abandonou o mosteiro. Coñécese, sobre todo, pola Histoire du chevalier Desgrieux et de Manon Lescaut, incluída dentro das Mémoires et aventures d’un homme de qualité (1728-1731), e tamén escribiu Histoire d’une grecque moderne (1741) e Mémoires d’un honnête homme (1745).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e dramaturgo inglés. Dotado dun estilo literario humorístico e sentimental, cultivou a novela con The Good Companions (1929), en que criticou a sociedade contemporánea. Autor de pezas teatrais moi coñecidas, como Time and Conways (1937) e An Inspector Calls (1946), nas súas obras móvese entre a reflexión do tempo e as súas preocupacións sociais. Tamén escribiu o ensaio Man and Time (1965) e un libro de viaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e avogado. Foi alcalde de Viana do Bolo polo PP (1963-1999), procurador en Cortes en representación dos concellos de Ourense (1964-1967) e deputado no Congreso na II lexislatura por Coalición Democrática (1982-1986). Abandonou a política en xaneiro de 2002, cando presentou a dimisión como concelleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Coñecido como Manuel Manquiña, traballou en cine, teatro e televisión, e tamén desenvolveu labores como publicista e actor de dobraxe. Iniciou a súa andaina na TVG como presentador de programas de humor para pasar ao teatro coa compañía Troula coa obra Informe do día despois (1984), de F. Kafka, e co Centro Dramático Galego en Caderno de bitácora (1985), de F. Taxes, aínda que tamén produciu os seus propios espectáculos. Posteriormente decantouse polo cine da man de realizadores como Antonio Blanco e Xavier Villaverde. Co filme Airbag (1997) deuse a coñecer ao gran público, aínda que tamén destacou noutras producións, como Matías juez de línea (1996), Atilano, presidente (1998), Fisterra, onde acaba o mundo (1998), Frontera sur (1998), Mararía, (1998), Torrente, el brazo tonto de la ley (1998), Entre las piernas (1999), Pídele cuentas al rey (1999), Pata negra (1999),...

    VER O DETALLE DO TERMO