"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Pintor. Estudou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid e nos anos corenta instalouse en Granada. Destacado debuxante e retratista, revolucionou a arte sacra cos seus Cristos crucificados, caracterizados pola forza e o esgazamento expresivo. Realizou numerosos retratos e grandes lenzos como o de san Damián de Molokai, apóstolo dos leprosos, ademáis de Retrato de gitana (1928) e El peregrino de la paz. Recibiu a primeira medalla da Exposición Nacional de Bellas Artes (1952). Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora de la Angustia de Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Bacharel en Teoloxía na Universidad de Navarra (1992) e diplomado en arqueoloxía cristiá polo Pontificio Instituto de Archeologia Cristiana de Roma, especializouse en literatura cristiá antiga. Desde 1995 é profesor no Instituto Teolóxico Divino Maestro de Ourense e desde 1998 director do Centro Teolóxico a Distancia San Martín da diocese ourensá. Colaborador de diversas publicacións, escribiu Impresos y bibliotecas del siglo XVI en Ourense (2004). No ano 2012, foi nomeado Vicario para la Nueva Evangelización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. De estilo expresionista, traballou principalmente a madeira, con distintas formas e volumes, e realizou obras de gran simbolismo. Da súa produción destacan Sueños de medianoche e La Justicia. No 1987 obtén o segundo Premio de Escultura Concurso “Meigas e Trasgos” en Sarria, e tamén conseguiu o primeiro premio de Escultura “IX EXPOSORD” en Xerez da Fronteira. En 1989 obtivo o Segundo Premio de Escultura “XI EXPOSORD” en Almansa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e poeta. Subdirector da Banda Municipal de Vilagarcía, en 1928 emigrou a Arxentina. Dirixiu varias agrupacións corais en Bos Aires, compuxo pezas orixinais e harmonizou numerosas melodías populares galegas. Colaborou en xornais da colectividade galega como El Correo de Galicia, Céltiga e A Fouce, e publicou Versos en gama de gaita (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gravador. Iniciouse no campo da pintura para logo centrarse no gravado, campo no que actuou como difusor e docente. Presidiu a Agrupación Española de Artistas Grabadores e foi un dos impulsores da creación do Museo Nacional de Grabado Contemporáneo y Sistemas de Estampación, que dirixiu entre 1967 e 1968. A súa evolución artística pode dividirse en varias etapas. Desde 1921 a 1925 cultivou o figurativismo, co predominio da técnica do linóleo e a augaforte, así como da figura humana e a temática social. Entre 1925 e 1950 dominou a augaforte e cultivou representacións realistas e temas costumistas de estilo tradicional e influencia rexionalista. A época de plenitude acadouna entre 1950 e 1960, nunha etapa non imitativa con ensaios de nova figuración e cubismo, onde abandonou a reprodución realista de paisaxes e monumentos. Desde 1960 a 1962 as súas obras caracterizáronse polo expresionismo, para logo evolucionar cara á abstracción cun novo pulo vangardista. Da súa produción destacan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Emigrou a Cuba e ao seu regreso estudou maxisterio e exerceu como mestre en varias parroquias de Ourense. Especializouse no estudo da lingua, a historia, o folclore e os costumes de diversas comarcas ourensás, que plasmou en distintos traballos, como “Astrología y meteorología popular (La Gudiña)” (1957-1958) e “Notas encol da fala vianesa” (1973), incluído no Boletín Auriense. Ademais, publicou Contos vianeses (1958), que dividiu en relatos de encantamentos, relixiosos, de burlas, de animais e variados, e Contos pra nenos (1968), en que recolle relatos infantís de tradición oral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa e dramaturga. Considerada unha das precursoras do texto teatral galego, escribiu os monólogos A loita e Na boda do afillado, a traxedia O embargo, a zarzuela Treidores celos e o sainete O secreto da bruxa. Ademais, publicou os poemarios Horas de frebe (1926), A virxe viúda (hestorea d’un amor) (1964) e O derradeiro (1977), e o libro poético bilingüe Lluvia menuda (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista. Militou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e foi un dos líderes da rama moderada. Coa Segunda República foi ministro de Facenda e de Obras Públicas con M. Azaña (1931-1933), estabilizou a peseta e impulsou as obras hidráulicas e a modernización dos transportes. Durante a Guerra Civil Española foi ministro de Mariña e Aire (1936-1937) no goberno de F. Largo Caballero, e de Defensa Nacional no de J. Negrín López (1937-1938). Exiliouse en México, onde dirixiu a Junta de Auxilio a los Republicanos españoles (JARE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Foi ordenado sacerdote en 1781 e viaxou a Ecuador onde traballou na conversión dos indios. Escribiu varias obras, das que se publicaron, entre outras, Arbitraje de límites entre el Perú y Ecuador e Expediente sobre tentativas que hizo para descubrir por la vía de Guadaquira la antigua ciudad de Logroño 1816-18.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e ilustrador. Colaborou en numerosas publicacións como Baixochán, Lixo, El Macabro, Carne Líquida ou BD Banda. Foi un dos fundadores do colectivo de creadores galegos de banda deseñada Polaqia, cos que publicou o álbum colectivo Mmmh!. Recibiu o primeiro premio do certame de cómic de Ourense (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Miguel Primo de Rivera y Orbaneja. Despois da caída do seu pai (1930) ingresou na Unión Monárquica. Antiliberal e antimarxista, abrazou un nacionalismo tradicionalista e totalitario. En 1933 foi elixido deputado e fundou a agrupación política Falange Española, que se fusionou coas JONS en 1934. Xefe único do partido, foi derrotado nas eleccións de febreiro de 1936. Detido ao mes seguinte durante o contexto de feitos violentos do momento, trasladárono á prisión de Alacant, desde onde apoiou o alzamento militar do 18 de xullo. Foi condenado a morte e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao fillo ou á filla que naceu primeiro.

    2. Liña orixinada polo fillo primoxénito da estirpe e continuada polos sucesivos primoxénitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de New Jersey, EE UU (12.016 h [1990]). Situada a 15 km ao NL de Trenton, destaca a Princeton University, fundada en 1746, que destaca pola súa atención case exclusiva á ciencia pura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución estadounidense de carácter privado creada en 1936 na Princeton University. Dedícase á investigación e ao ensino no campo da demografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar duns 320 km de longo e 96 km de ancho, situado ao L do Ártico, entre o arquipélago de Parry, ao S, a illa Ellef Ringnes, ao L e a de Borden, ao O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliedro formado por dous polígonos paralelos (bases), non necesariamente iguais nin co mesmo número de lados, e no que as caras laterais son trapecios ou triángulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador e crítico inglés. Destacou polas súas narracións curtas, cheas de ironía e mordacidade, moitas veces retratos do carácter inglés, tal e como reflectiu en Complete Short Stories (1992). Autor dunha serie de libros sobre España, dos seus volumes de ensaios destacan The Gentle Barbarian (1977) sobre Turgenev, e escolmas como The Complete Essays (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prazo que outorga a lei ou o xuíz para efectuar as probas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que proba a verdade de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Xeito particular de proceder ou de actuar para conseguir un resultado.

      2. Método práctico de fabricación dun produto, de obtención dunha substancia ou de construción dun obxecto.

      1. Conxunto de regras que determinan a actuación por trámites xudiciais ou administrativos con vistas á consecución dun fin.

      2. Concatenación lóxica dos actos efectuados nun proceso, ben polas partes, ben polo tribunal. Nun proceso civil, a actuación da xustiza está motivada polas partes e nun proceso penal realízase ex officio por iniciativa do tribunal. O procedemento pode manifestarse oralmente ou por escrito.

      3. procedemento administrativo

        Conxunto de actos ou trámites a través dos que se produce a vontade administrativa para o cumprimento dun fin de interese público. Constitúe tamén unha garantía para o administrado, xa que comporta que a actuación administrativa se realiza a través duns actos formais legalmente predeterminados.

      4. procedemento contencioso-administrativo

        Proceso que se segue ante a xurisdición contencioso-administrativa sobre as pretensións presentadas con relación aos actos da Administración Pública suxeitos ao dereito administrativo e ás disposicións de categoría inferior á de lei.

      5. procedemento de constrinximento administrativo

        Procedemento de execución forzosa seguido pola autoridade administrativa para o cobro de impostos, de contribucións ou de calquera obriga pecuniaria. Consiste no embargo de bens e na súa ulterior poxa pública.

      6. procedemento económico-administrativo

        Procedemento para a tramitación e resolución das reclamacións sobre actos de xestión, inspección e recadación tributarias. Ante as resolucións dos órganos especiais que xestionan estas materias pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO