"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

    1. Mestura natural de platino e iridio.

    2. Aliaxe de platino e iridio que se obtén no proceso de extracción do platino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico de transición, de número atómico 78 e peso atómico 195,078, que pertence ao grupo VIIIB da táboa periódica. Foi descuberto en 1735 por D. de Ulloa en América do Sur. Localízase principalmente na natureza de forma nativa, asociado cos outros elementos do seu grupo e, en proporción moito menor, en diversas minas de níquel e cobre, onde se pode obter dos residuos da refinación electrolítica dos metais. O metal é de cor branca prateada, dúctil e maleable. Forma aliaxes con todos os elementos dos grupos VIIIB e IB, e delas destacan as que forma cun 23% de cobalto, de intenso ferromagnetismo, e co iridio e o rodio, que lle confiren resistencia e dureza. Presenta, igual ca o paladio, a propiedade de absorber grandes cantidades de hidróxeno, que deixa saír cando se quenta ata o punto de incandescencia. Non se disolve nos ácidos minerais, pero si en auga rexia, coa formación de ácido hexacloroplatínico (IV) (H 2 PtCl 6 ). Reacciona en quente cos halóxenos...

    2. Pos verdosos, solubles en ácido clorhídrico e en hidróxido amónico, e insolubles en auga, que se poden obter por quentamento da esponxa de platino en presenza de cloro anhídrido.

    3. Masa de platino de cor gris próxima á negra, porosa e cunha gran superficie específica. Emprégase como catalizador e para provocar a ignición do hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aliaxe de cobre, níquel e cinc.

    2. Nome xenérico que se lles dá aos metais da familia do platino.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao platino.

      2. platinífero.

    1. Aplícase aos compostos en que o platino actúa con valencia II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anchura excesiva do nariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos platirrinos.

    2. Mamífero primate da infraorde dos platirrinos.

    3. Infraorde de mamíferos, da orde dos primates, que se caracteriza por presentar o nariz coas ventás separadas e mirando cara a adiante, tres premolares e sen tubo auditivo óseo. Coñécense co nome de monos do Novo mundo e agrupa a superfamilia dos ceboideos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten o fociño ancho.

    2. Que ten o peteiro ancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e caricaturista. Fundou a revista Os Conxuros e traballou como ilustrador e caricaturista en varias publicacións. Nas súas obras, de técnicas diversas, cultivou a abstracción. Participou en numerosas exposicións individuais e colectivas e da súa produción destacan Sen título (2000) e Casa perfecta (2001). Recibiu o V premio de pintura da Bienal Eixo Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos platistérnidos.

    2. Réptil da familia dos platistérnidos.

    3. Familia de réptiles, da orde dos quelonios, que presenta a cabeza moi desenvolvida, de tal forma que non pode retraer a mesma cara ao interior da cuncha, o escudo moi deprimido e a cola longa, case tanto como a cuncha. Posúe unha única especie Platysternon megacephalum, que foi presentada á ciencia por Gray (1831) e que vive no SL de China, Australia e Nova Guinea, nos regatos fríos das montañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo cuberto e pechado que serve como escenario para a rodaxe de filmes e programas ou series de televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • platihelminto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de linguas do phylum níxer-congo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. De familia aristocrática por parte de nai, participou na Guerra do Peloponeso (409 a C) e despois quixo dedicarse á política, pero desencantárono os excesos dos oligarcas. Cunha esmerada educación artística e ximnástica, decantouse pola filosofía despois de coñecer a Sócrates en 408 a C. Á morte deste (399 a C), durante o período democrático, fuxiu de Atenas con outros condiscípulos e refuxiouse en Megara con Euclides. Neste tempo escribiu os seus primeiros diálogos. Na Magna Grecia entrou en contacto con Arquitas de Tarento e os círculos pitagóricos. Logo dirixiuse a Sicilia, onde Dión de Siracusa, cuñado de Dionisio I de Siracusa, se entusiasmou coas súas doutrinas e intentou, sen éxito, aplicalas á política. Entre estas dúas viaxes residiu en Atenas, onde fundou a Academia. Viviu os seus últimos anos dedicado á composición dos Diálogos e ao ensino na Academia. A súa obra transmitiuse tradicionalmente agrupada en nove tetraloxías que inclúen a Apoloxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Platón ou ao platonismo.

      2. Seguidor da doutrina filosófica de Platón.

    1. Aplícase aos sentimentos ou actitudes que son meramente ideais.

    2. Ciclo, denominado tamén ano grande, que os astrónomos gregos estimaron nuns 26.000 anos; ao seu fin todos os corpos celestes retornarían ao mesmo lugar que ocupaban no momento da creación. Diferénciase do concepto filosófico, de estoicos e platónicos, do ano grande ou ano cósmico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de Platón ou da súa escola e aspectos dela que influíron no pensamento doutros filósofos e escolas. A influencia da filosofía de Platón foi tan considerable que se pode dicir que o platonismo alzanza toda a historia do pensamento occidental e incluso unha parte do oriental, as tradicións bizantina e árabe. Por exemplo, apréciase a súa marca en Aristóteles e no estoicismo, é inseparable do neoplatonismo, co que se acaba confundindo, ten ascendencia na tradición filosófico-teolóxica latina dos ss IV e V e exerce un dominio case universal sobre a Idade Media, do que é típico expoñente a escola de Chartres. Por medio de santo Agostiño a influencia platónica artella, en competencia co aristotelismo, a gran tradición escolástica, e incluso chega a perdurar durante a Idade Moderna (escola platónica de Cambridge, Spinoza, Leibniz e Kant) e na filosofía dos dous últimos séculos (aspectos de Fichte, Schopenhauer, a escola de Marburg, a neoescolástica). Na súa difusión e transmisión pódense...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido como Andrej Platonov, seguiu a liña de Gogol’, Leskov e Remizov. Publicou relatos, como Epifanskije šl’uzy (Presas de Epifanía, 1927). Defensor inicial dos ideais da revolución, criticou a burocracia en Gosudarstvennyj žitel (O habitante do goberno, 1929). Desencantado e crítico co réxime, prohibíuselle publicar a raíz da novela Vprok (1931). En 1991 publicouse Schastlivaia Moskva (A feliz Moscova, 1932-1936), novela descuberta nos arquivos do KGB.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Nebraska Río de EE UU, afluente pola dereita do Missouri, formado pola conxunción do North Platte e o South Platte. Ten unha lonxitude de 500 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos, da orde dos odonatos, que presentan as patas aplanadas, a librea branca e manchas de cor verde bronce no corpo. Na Península Ibérica están presentes as especies P. acutipennis, P. latipes e P. pennipes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Saxonia, Alemaña, situada preto da fronteira coa República Checa (72.300 h [1990]). A súa economía baséase en industrias téxtiles de antiga tradición.

    VER O DETALLE DO TERMO