"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (5.070 h [1996]). Destacan os cultivos de améndoas, viño, ervellacas e oliveiras. No regadío predominan os cítricos. A partir de 1930, desenvolveuse a industria de novos materiais, como a espadana, a rafia, e a palma tropical, e comezou a impoñerse a industria dos mobles de xunco e cana de orixe tropical. De orixe musulmana, Xaime I o Conquistador arrebatoulla aos árabes en 1250.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (18.192 km2; 282.226 h [estim 1999]). A capital é Gävle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo do centro de Sardeña. O punto culminante é Punta La Marmora (1.834 m), altitude máxima da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Axudou a consolidar a xeografía humana como unha materia á parte da física. Foi membro do Institut National d’Études Démographiques e da revista Annales de géographie. Interesouse polas estruturas socioeconómicas, rurais e urbanas, e polos estudios de xeografía da poboación, dos que foi vangardista. Publicou, entre outras, obras Introdution à l’étude géographique de la population du monde (1951), Les migrations internationales (1976), Introdution à une Géographie du travail (1978) e Fin de siècle en Occident, déclin ou metamorphose (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. En París frecuentou os ambientes simbolistas. Regresou a Alemaña e uniuse ao grupo antinaturista formado ao redor de Hofmannsthal. As súas primeiras obras están influídas polo simbolismo (Hymnen, 1890); posteriormente humanizouse en Das Jahr der Seele (O ano da alma, 1897), Der siebente Ring (O sétimo anel, 1907) e Der Stern des Bundes (A estrela da alianza, 1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República de Guyana, no centro da costa litoral atlántica, sobre os pantanos da desembocadura do río Demerara (254.000 h [1995]). Foi o núcleo máis importante da antiga colonia británica. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de Saint George (s XIX) e de Saint Andrew Kirk, a State House e o edificio da Law Court.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crespón de seda transparente realizado con fíos de torsión de crespón, tanto polo urdido como pola trama, que se emprega para veos, chales, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do SL dos EE UU (152.576 km2; 8.186.453 h [estim 2000]). A capital é Atlanta. O seu relevo presenta dous sectores ben diferenciados: o NO, montañoso, formado polos contrafortes dos Apalaches, e o resto do estado, ocupado pola chaira, que está formada por material arxiloso e calcario. O clima é subtropical. O sistema fluvial está determinado pola existencia do Blue Ridge, ao NO, que abre dúas vertentes, sobre o Atlántico e o golfo de México, respectivamente. As grandes extensións forestais determinan a existencia das industrias de papel para prensa. A agricultura dedícase ao algodón e ao tabaco. A gandería é sobre todo ovina, bovina e porcina. A poboación, concéntrase principalmente na área meteropolitana de Atlanta; a minoría de orixe afroamericana representa o 30%. Poboada polos cherokees e os creeks, cara ao 1660 instaláronse os misioneiros franciscanos españois. No 1732 constituíuse como colonia británica, froito dos esforzos de James Oglethorpe para proporcionar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. En 1919 a súa canción Swanee fíxoo popular e estreou revistas musicais en Broadway, a miúdo con textos do seu irmán Ira. Autor de bandas sonoras, escribiu obras sinfónicas como a Rhapsody in blue (1924), o poema sinfónico An American in Paris (1928) e a ópera Porgy and Bess (1935). Así mesmo, compuxo os musicais Girl Crazy, Of Thee i

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do jude ṭ de Bačau, Romanía (49.312 h [estim 1985]). Ata 1965 coñeceuse co nome de Oneşti. Novo centro industrial dende os anos cincuenta, desenvolveu industrias químicas, unha central térmica e unha refinería de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romanés. Militante comunista dende 1930, en 1944 uniuse á resistencia contra os alemáns. Secretario xeral do partido (1945-1965), foi ministro de Industria e Comercio (1946-1949), primeiro ministro (1952-1955) e presidente da República (1961-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parella de artistas formada por Gilbert Proech e George Passmore na St. Martin School of Art de Londres, onde se suman á experimentación da corrente conceptual e deciden converter os seus corpos en arte, a través da creación de esculturas vivas, seguindo a tradición medieval dos tableaux vivants, coas que tentaban rachar as fronteiras entre arte e vida. Un dos seus primeiros traballos foi The Singing Sculpture (1969). Todos os seus traballos posteriores, The Meal, Drinking Sculpture, The Red Sculpture, están realizados nesa mesma dirección, utilizando o corpo humano como obxecto artístico, xunto con novos soportes como a fotografía e o cine. O seu traballo tivo unha considerable influencia nas orientacións de xéneros artísticos mixtos como as accións escénicas, as instalacións ou as intervencións plásticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Membro da xeración beat, foi un dos representantes da contracultura e do movemento Gay Liberation. Da súa produción destacan Howl and other poems (1956), Empty Mirror (1961), Indian Journals (1970), The Fall of America (1973), Mind Breaths: Poems 1972-77 (1978), Straight Hearts Delight (1980), White shroud. Poems 1980-1985 (1986) e Cosmopolitan Greetings: poems 1986-1992 (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido co pseudónimo de A ḥ ad ha-’Am, publicou Al parašat derakīm, onde se pronunciou a favor da creación dun centro espiritual en Palestina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Natalia Levi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giorgio del Castelfranco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do judeţ de Giurgiu, Romanía, ao S de Bucarest (72.763 h [1999]). Situada na beira do Danubio, é un importante porto fluvial. Fundada no s X sobre un antigo enclave romano, foi conquistada polos turcos (1417). Do seu patrimonio cultural destacan os restos da antiga muralla e da fortaleza medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judeţ de Romanía (3.526 km2; 296.448 h [1999]). A capital é Giurgiu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés de Morgannwg.

    VER O DETALLE DO TERMO