Gilbert and George

Gilbert and George
[ESPECT]

Parella de artistas formada por Gilbert Proech e George Passmore na St. Martin School of Art de Londres, onde se suman á experimentación da corrente conceptual e deciden converter os seus corpos en arte, a través da creación de esculturas vivas, seguindo a tradición medieval dos tableaux vivants, coas que tentaban rachar as fronteiras entre arte e vida. Un dos seus primeiros traballos foi The Singing Sculpture (1969). Todos os seus traballos posteriores, The Meal, Drinking Sculpture, The Red Sculpture, están realizados nesa mesma dirección, utilizando o corpo humano como obxecto artístico, xunto con novos soportes como a fotografía e o cine. O seu traballo tivo unha considerable influencia nas orientacións de xéneros artísticos mixtos como as accións escénicas, as instalacións ou as intervencións plásticas.