"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
membrana timpánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da membrana do tímpano.
-
-
Relativo ou pertencente aos mitsukurínidos.
-
Peixe da familia dos mitsukurínidos.
-
Familia de peixes condritios, da orde dos lamniformes, que se caraterizan por presentar un fociño longo, a aleta caudal moi longa e a segunda aleta dorsal e a anal moi desenvolvidas. Viven en augas profundas de mares tropicais e temperados. O único representante vivo desta familia é Mitsukurina owstoni.
-
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Vilarxoán (O Incio) e San Xoán de Lóuzara (Samos). O seu cumio acada os 1.162 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das cariofiláceas, que presenta follas opostas, ovadas e enteiras, flores solitarias e pétalos brancos. Aseméllase moito ao xénero Arenaria, mais diferenciase deste por posuír sementes con excrecencias. No interior de Galicia atópase a especie M. trinervia.
-
-
Aplícase a unha variedade de cereixas.
-
Aplícase a unha variedade de toxo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade dos corpos que presentan refracción simple, é dicir, que producen un único raio refractado a partir dun raio de luz incidente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce monorrefrinxencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Cervás (Ares). Construído en 1393 nun estilo románico de transición ao gótico, destaca especialmente un dos seus dous claustros, de estilo renacentista. A igrexa sufriu modificacións no s XVIII, pasando de ter planta en forma de cruz a unha nave de cuberta única con bóveda de canón. Destaca o retablo barroco de madeira. O mosteiro viuse afectado en 1837 pola desamortización de Mendizábal, e os relixiosos franciscanos tiveron que abandonalo en favor do exército, en mans de quen estivo ata o ano 2000.
-
-
Relativo ou pertencente a Montenegro ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Montenegro.
-
-
GALICIA
Remeiro. Especialista en doble scull, participou xunto ao asturiano Jaime Ríos nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000) e nos campionatos do mundo de Lucerna (2001). Foi campión de España (1999) e dúas veces subcampión (1997 e 1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñeceu na Idade Media o principado de Acaia.
-
GALICIA
Músico. Recibiu estudos musicais na capela da catedral de Santiago de Compostela e especializouse como cantante de música renacentista e barroca. Foi director do Orfeón Terra a Nosa e director da Capela de Música da catedral de Santiago de Compostela. Do seu repertorio destacan a interpretación do Magnificat de Bach, o Gloria de Vivaldi e o Requiem de Mozart.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. Nas súas obras destaca o sentimento de intimidade e a descrición da vida provinciana. As súas primeiras composicións estiveron inspiradas en G. Pascoli. Da súa produción destacan os libros en prosa Fraternità (1906), La serenata delle zanzare (1908), Poesie scritte col lapis (1910), e os libros de poemas Scrivere non è necessario (1938), La vedova Fioravanti (1941) e Il Fiocco verde (1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo. Membro activista da resistencia (1942-1944), desde 1950 traballa no CNRS. Fundador da revista Arguments (1957) e o Centre d’Étude des Communications de Masse (CECMAS) (1959) xunto con G. Friedmann e Roland Barthes, centrou os seus estudos na formación das mentalidades no mundo contemporáneo. Da súa produción destacan os ensaios L´esprit du temps, essai sur la culture des masses (1962), Marxisme et sociologie (1963), Le paradigme perdu: la nature humaine (1973), De la natura de l’URSS (1983), Penser l’Europa (1987), Introdution à la pensée complexe (1990) e Mes Démonds (1994). Recibiu a Légion d’Honneur (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e erudito francés. Foi monxe beneditino de Maredsous (Bélxica) e especializouse en cuestións de historia monástica, patroloxía e liturxia. Destacan as súas edicións críticas dos sermóns de santo Agostiño e de san Cesáreo de Arles.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sentimento de melancolía e nostalxia que se sente, especialmente, cando se está lonxe da terra natal.
-
Sentimento nostálxico causado por algo ou alguén ausente.
-
-
-
Corpo morto en estado de descomposición.
-
Capa de sucidade que se forma sobre algo causada pola mala hixiene e a falta de aseo.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Puerto La Cruz (Venezuela) a partir de 1926. Subtitulado “Boletín informativo”, foi o voceiro do Centro Galego desa cidade. O seu obxectivo foi informar aos asociados das actividades organizadas pola entidade e doutras cuestións internas.
VER O DETALLE DO TERMO